Mariano Rajoy Brey, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1955, é un político galego, presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018, durante as e a lexislaturas e presidente do Goberno en funcións durante a breve XI lexislatura de España.

Rajoy serviu como ministro nos gobernos de José María Aznar en diversas carteiras entre 1996 e 2003, e como vicepresidente do Executivo de 2000 a 2003. Entre 2003 e 2004, cando foi elixido presidente do Partido Popular, desempeñou o cargo de secretario xeral da formación.

Foi presidente do Partido Popular dende 2004 até 2018 —foi reelixido no XVII Congreso celebrado en Sevilla en febreiro de 2012—, e desempeñouse como líder da oposición parlamentaria durante os dous mandatos (2004-2008 e 2008-2011) do Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero.

Como resultado da vitoria do seu partido por maioría absoluta nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011, o 21 de decembro de 2011 converteuse no sexto presidente do Goberno da democracia. Renovou mandato para unha segunda lexislatura tras ser investido polo Congreso dos Deputados e por maioría simple o 29 de outubro de 2016, desempeñando o cargo ata a moción de censura do 1 de xuño de 2018.

O pleno do concello de Pontevedra aprobou o 22 de febreiro de 2016 a declaración de Rajoy como "persoa non grata" na cidade, entre outros motivos pola concesión dunha prórroga de 60 anos á presenza de ENCE, industria dedicada á produción de pasta de papel, na ría de Pontevedra.

Traxectoria Familia e formación É fillo de Mariano Rajoy Sobredo, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, coñecido por presidir o tribunal que xulgou o caso Reace. O seu avó foi o político monárquico Enrique Rajoy Leloup, secretario da Comisión Redactora do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.

Fixo o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade no seu último ano de carreira, e con 24 anos converteuse no rexistrador máis novo de España, sendo destinado a Padrón (A Coruña), a Vilafranca do Bierzo (León) e Santa Pola (Alacant). Ao ano seguinte, en 1980, sufriu un accidente de tráfico en Palas de Rei ao saír da estrada un coche que conducía, o que lle causa feridas importantes no rostro. Dende aquel momento leva barba.Luis Zaera De La Vega: "Yo reconstruí hace 32 años el rostro desfigurado de Mariano Rajoy", La Opinión de A Coruña, 4/1/2012.

A política galega (1981–1991) Decidiu entrar en política afiliándose en 1981 a Alianza Popular (actualmente Partido Popular). Conseguiu ser deputado tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, que se celebraron o 20 de outubro dese mesmo ano. Nas eleccións municipais do 8 de maio de 1983 foi elixido concelleiro do Concello de Pontevedra e, conseguintemente tomou posesión da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados como cabeza de lista por Pontevedra. Non obstante, Rajoy volveu para ocupar durante un ano a Vicepresidencia da Xunta de Galicia (1986 - 1987) tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro. Continuou o seu ascenso alcanzando a Presidencia Provincial de Pontevedra de AP, onde se mantivo ata xullo de 1991, e a Secretaría Xeral do partido en Galicia, que dirixiu durante dous anos.

Rajoy é membro do Comité Executivo Nacional dende xaneiro de 1989, ano no que foi elixido deputado por Pontevedra e no que Alianza Popular pasou a chamarse Partido Popular.

Ministro do Goberno de Aznar (1996–2003) Nas eleccións do 6 de xuño de 1993 renovou o seu escano no Congreso, algo que tamén fixo o 3 de marzo de 1996 (ano no que casou con Elvira Fernández Balboa), cando o seu partido logrou derrotar ó Partido Socialista Obrero Español de Felipe González, coa candidatura de José María Aznar.

O 5 de maio de 1996 foi nomeado Ministro de Administracións Públicas aprobándose baixo a súa estadía no cargo a Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, LOFAGE (Lei 6/1997, de 14 de abril).

En xaneiro de 1999, Rajoy cedeu o seu posto a Ángel Acebes e substituíu a Esperanza Aguirre, que recibira fortes críticas pola súa xestión, sendo nomeado Ministro de Educación e Cultura. Baixo o súa estadía no cargo aprobáronse os novos plans de estudo da Formación profesional. Ese mes foi reelixido Vicesecretario Xeral do partido no seu XIII Congreso.

Rajoy obtivo o encargo de dirixir a campaña electoral para as xerais do 2000. O seu éxito no labor, unido á pésima situación que atravesaba o PSOE de Joaquín Almunia, levou ó Partido Popular á maioría absoluta. Aznar recompensouno entón coa Vicepresidencia Primeira do Goberno e co Ministerio da Presidencia.

En febreiro de 2001, deixou de ser ministro da Presidencia para suceder en Interior a Jaime Mayor Oreja. Como responsable deste ministerio, Rajoy conseguiu importantes éxitos na loita contra a organización terrorista ETA.

Rajoy cesou como ministro do Interior en xullo de 2002 para asumir as carteiras de Portavoz do Goberno e, de novo, ministro da Presidencia. Dende esa posición, tivo que afrontar as dúas maiores crises do período 1996 - 2003: o desastre causado polo afundimento do Prestige e o apoio de Aznar a George W. Bush durante a invasión a Iraq de 2003. Porén, para os seus seguidores, Rajoy saíu aparentemente ben de ambos problemas e o seu papel de "fontaneiro" da Moncloa foi decisivo para a súa designación como Secretario Xeral do PP e candidato á Presidencia o 30 de agosto de 2003.

Líder do Partido Popular, campaña e eleccións de 2004 No XIV Congreso do Partido Popular celebrado en Madrid entre os días 25 ao 27 de xaneiro de 2002, o presidente do Goberno e do partido José María Aznar cumpriu a súa palabra de non estar máis de oito anos á fronte da presidencia do país e ademais se convertía así no primeiro gobernante español en exercicio que renunciaba voluntariamente a seguir no poder a pesar das presións de dentro do seu partido para que continuara. miniatura|esquerda|Rajoy saudando xunto a Joaquín Ramírez, Teófila Martínez e Celia Villalobos nun mitin. O 31 de agosto de 2003, Aznar lle propuxo como su sucesor e o expresou con esta frase: «Mariano, te ha tocado». En novembro de 2012, Aznar revelou que lle ofrecera a súa sucesión a Rodrigo Rato, pero Rato rexeitouna ata en dúas ocasións. O 3 de setembro, foi elixido pola Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, novo secretario da formación e candidato á presidencia do Goberno.

O 14 de marzo de 2004 tiveron lugar as novenas eleccións xerais desde a restauración democrática e nas cales se produciría o cuarto relevo na presidencia do Goberno. Durante a campaña electoral o PP esgrimiu como a súa principal baza os logros económicos alcanzados durante os oito anos de Goberno de Aznar (crecemento do PIB, equilibrio nos presupostos, creación de emprego e descenso do paro). O seu slogan electoral foi «Xuntos vamos a máis».

Tres días antes da cita coas urnas, o xoves 11 de marzo producíronse unha serie de atentados terroristas simultáneos en catro trens en Madrid, que se encontraban nas estacións de Atocha, Santa Euguenia e El Pozo, os cales arrebataron a vida a 191 persoas e deixaron feridas a máis de 1500. Inmediatamente atribuíuse esta masacre, o peor atentado da historia de España e de Europa (en tempos de paz), a ETA. En sinal de dolo e repulsa ante esa traxedia terrorista que se acababa de cometer os dous principais candidatos á presidencia do Goberno (Rajoy e Zapatero) xunto aos demais partidos políticos anunciaron a suspensión dos actos electorais e o final da campaña electoral.

O día 12, ás sete da tarde comezaron en toda España as marchas multitudinarias convocadas polo goberno e presididas co lema: «Coas vítimas, coa Constitución, pola derrota do terrorismo». Na cabeceira que máis cidadáns concentrou –dous millóns e medio– en Madrid, atopábanse por primeira vez na historia de España, membros da familia real: o Príncipe de Asturias, Filipe de Borbón e as súas dúas irmás, as infantas Elena e Cristina de Borbón. Xunto a eles estaba o presidente do Goberno, José María Aznar e os dous candidatos á presidencia do Goberno, polos dous grandes partidos: Rajoy polo Partido Popular e José Luis Rodríguez Zapatero polo PSOE.

miniatura|Mitin do PP para as eleccións xerais de 2004. Ao día seguinte, o diario El Mundo publicou unha entrevista realizada a Rajoy na cal afirmaba que «tiña a convicción moral de que a autoría dos atentados de Madrid correspondía a ETA». Nese día de xornada de reflexión electoral, decenas de manifestantes convocáronse ante as sedes do Partido Popular exixindo ao goberno da nación que aclarara quen cometera o masacre terrorista. As manifestacións estendéronse pola tarde e pola noite, non só na sede principal da rúa Génova de Madrid (que foi a máis multitudinaria), senón tamén noutras cidades. Debido a estas concentracións, Rajoy compareceu en televisión para pedir que cesaran unhas «manifestacións ilegais», as cales cualificou como «feitos antidemocráticos». Case media hora despois, compareceu Alfredo Pérez Rubalcaba o cal afirmou que «os cidadáns españois se merecen un goberno que non lles minta, un goberno que diga sempre a verdade».

Ao día seguinte, o pobo español acudiu á súa cita ás urnas. A participación chegou case ao 78% do censo. O PSOE logrou 164 escanos (42,64 %) e máis de dez millóns de votos mentres que o PP pasou da maioría absoluta á oposición con 148 escanos (37,64 %).

O 7 de outubro de 2004, Rajoy afirmou nun foro do diario El Mundo que el «non cría que os detidos polo 11-M organizaran os atentados».

Política na oposición (2004–2011)

esquerda|miniatura|275px|Mariano Rajoy nun Congreso do Partido Popular Europeo en 2006. O 2 de outubro de 2004, no XV Congreso do Partido Popular, Mariano Rajoy foi elixido presidente da formación por un 98,37% dos votos dos compromisarios.

Na súa primeira etapa como líder da oposición (2004-2008), significou no plano político a volta á crispación. Dous foron os temas que se utilizaron a fondo para destacar a acción gobernamental: o primeiro foi a política antiterrorista e o proceso de paz no País Vasco e o segundo a reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 1 de decembro de 2005 sufriu un accidente de helicóptero na praza de touros de Móstoles, xunto coa presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, do que saíu practicamente ileso. Só sufriu unha fractura nun dedo e unha luxación noutro. Dous días despois, o día tres, Rajoy afirmou nun acto en honra da Constitución Española afirmou que «Non hai máis ca unha nación, a española» por mor da reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

O 7 de xuño, Rajoy anunciou que o Partido Popular «rompía toda relación co executivo socialista» (por primeira vez na democracia ocorría isto) porque o goberno de Zapatero aceptou dialogar con Batasuna.

O 5 de marzo de 2007, Rajoy convocou para o día 10 unha manifestación baixo o lema «España pola liberdade; non máis cesións a ETA» como rexeitamento pola concesión por parte do goberno de Zapatero do segundo grao penitenciario ao etarra José Ignacio de Juana Chaos (autor de 25 asasinatos). Cinco días despois, celebrouse en Madrid a mair manifestación xamais convocada por un só partido político en España ata entón.

Respecto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, o Partido Popular interpuxo un recurso ante o Tribunal Constitucional, que se resolveu o 6 de novembro de 2012, sete anos despois da súa tramitación, con 8 votos a favor do matrimonio homosexual e 3 en contra.

Presidente de Goberno (2011–2018)