Bonnie Kathleen Blair, nada en Cornwall (Nova York) o 18 de marzo de 1964 é unha ex-patinadora de velocidade estadounidense. Foi unha das principais patinadoras da súa época e unha das atletas con máis medallas na historia dos Xogos Olímpicos. Competiu polos Estados Unidos en catro xogos, gañando cinco medallas de ouro e unha de bronce.

Traxectoria Debutou nos Xogos Olímpicos en Saraxevo en 1984, rematando oitava nos 500 metros. Nese tempo adestraba tanto en distancia curta como longa. En 1986 gañou o campionato do mundo de distnaica curta. Volveu aos Xogos Olímpicos en 1988, gañando a medalla de ouro en 500 metros e o bronce en 1000 metros. En 1992 gañou outros dous ouros, igual que en 1994. Continuou a competir en 1995 no campionato do mundo de Milwaukee, retirándose en marzo dese ano.

Tras retirarse da patinaxe, converteuse en voceira motivacional.

Véxase tamén Ligazóns externas Bonnie Blair en SkateResults.com

Categoría:Nados no condado de Orange, Nova York Categoría:Nados en 1964 Categoría:Patinadores de velocidade olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Patinadores de velocidade nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Categoría:Patinadores de velocidade nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 Categoría:Patinadores de velocidade nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Patinadores de velocidade nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe de velocidade Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América