Dolores Delgado García, nada en Madrid o 9 de novembro de 1962, é unha fiscal española, que foi Fiscal Xeral do Estado.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM), cursou tamén un máster impartido pola Escola de Práctica Xurídica de Madrid e a Universidade Complutense. Gañou unha praza de fiscal por oposición en 1989. Traballou como fiscal no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (1989-1993), na Fiscalía Especial Antidroga, e, desde 1993, na Audiencia Nacional.
Próxima a Baltasar Garzón, é experta na loita contra o terrorismo xihadista. En 2013 mostrouse en contra da entrega a Suíza do informático francoitaliano Hervé Falciani. Delgado, que participou como fiscal no caso de Adolfo Scilingo, mostrouse contraria a recortes ao principio de xustiza universal. Membro da Unión Progresista de Fiscais, en abril de 2018 converteuse en vogal do Consello Fiscal.
Ministra de Xustiza O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Xustiza do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. Cesou o 13 de xaneiro de 2020, polo que foi substituída por Juan Carlos Campo.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1962 Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Fiscais Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Fiscais xerais do Estado (España) Categoría:Ministros do Goberno de España da XIII Lexislatura