Filipe Leopoldo Lois María de Saxonia-Coburgo-Gotha (en francés: Philippe Léopold Louis Marie de Saxe-Cobourg et Gotha, en neerlandés: Filip Leopold Lodewijk Maria van Saksen-Coburg en Gotha), nado en Bruxelas o 15 de abril de 1960, é o actual rei dos belgas dende o 21 de xullo de 2013, data da abdicación do seu pai, o rei Alberte II.

Traxectoria Nacemento Naceu o 15 de abril de 1960 na capital belga, sendo o primeiro fillo do aquel entón príncipe Alberte e a princesa Paola.

Dende o primeiro momento foi o sobriño favorito do seu tío, Balduíno de Bélxica, e por iso quería que fose o seu sucesor xa que el e a raíña, Fabiola Mora y Aragón, non tiñan descendencia. Porén, trala morte do seu tío foi o seu pai, Alberte II de Bélxica, quen asumiu o trono, debido a que era Alberte o herdeiro natural do seu irmán Balduíno. Filipe foi nomeado duque de Brabante en 1993 ó ascender o seu pai, título que posúen os herdeiros ó trono belga.

Bautismo Foi bautizado na Catedral de San Miguel e Santa Gúdula de Bruxelas, sendo os seus padriños o rei Leopoldo III de Bélxica (o seu avó paterno) e Luísa Gazelli, condesa de Rossana e de San Sebastiano (a súa avoa materna).

Matrimonio e descendencia Filipe contraeu matrimonio con Matilde de Udekem. Froito do matrimonio naceron:

Princesa Sabela (25 de outubro de 2001), duquesa de Brabante dende o 21 de xullo de 2013. Príncipe Gabriel (20 de agosto de 2003). Príncipe Manuel (4 de outubro de 2005). Princesa Leonor (16 de abril de 2008).

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Reis de Bélxica