Para a moeda romana de prata de igual valor (10 ases), ver denario. miniatura|320px|Decussis fundido en Roma ca. 214-212 a. de C. Diámetro: 110 mm. Peso: 1.075 g. O decussis (voz latina, a partir de decem; "dez") foi unha gran moeda da Antiga Roma fundida en bronce, utilizada en tempos da República, co valor de dez ases, emitida unicamente polo obradoiro monetario da cidade de Roma.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Decussis"."Decussis". En Mateu y Llopis, F. (1946)."Decussis". En Amandry, M. (dir). (2001)."Decussis". En Smith, William et al. (1890).
Trátase dunha denominación moderna, xa que o nome que tiña esta moeda no seu momento se descoñece.
Historia O decussis é a maior denominación dentro das grandes e pesadas moedas de bronce fundidas das primeiras series da época republicana. É probable que a súa existencia se sitúe na época da segunda guerra púnica (218-201 a. de C.), arredor do ano 215 a. de C., simultaneamente ao quincussis, na época final do aes grave de padrón semilibral."Decussis". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly. O seu peso, porén, de arredor dun quilogramo, é sensiblemente inferior ao que lle correspondía naquel sistema, por mor da crise xerada tras a derrota nese conflito, da mesma maneira que ocorría coa riqueza en prata dos cuadrigatos da época, que tamén se viu minguada."El decussis, la moneda romana más grande de la historia". En Monedas Antiguas. 2017"Decussis". En Forum ancient coins.
O uso do decussis non ocupou un papel relevante no sistema monetario romano e, da mesma maneira que outros múltiplos do ás en bronce (tressis e decussis), foi abandonado tras a aparición do denario de prata, dun tamaño moito máis manexable e co que comparte o valor de dez ases."Decussis ". En Algunos tipos de monedas antiguas.
Coñécese un único tipo deste valor tan pouco común. No seu anverso amósase a cabeza da deusa Roma e, detrás, a marca de valor X (pola equivalencia de 10 ases). No reverso preséntase a proa de barco característica das emisións de bronce desta época."Roman Republic - The Decussis". En Roma Numismatics.
Consérvanse unicamente catro exemplares de decussis; tres deles en museos e outro en mans privadas, que foi vendido en poxa pública en 2010 pola cantidade de 240.000 francos suízos."Decussis ". En Roman bronce coins. www.moneta-romanae.com"Roman Rep. Decussis or denarius ca 215, AE 1075 g". En icollector.comNumismática Ars Classica. Poxa nº 54. 24 de marzo de 2010. Lote 150 .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Roma
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4 Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699 Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4 Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003. Smith, William et al. (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres. Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
Identificador de moedas da Antiga Roma Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso