Fernando Henrique Cardoso, nado no Río de Xaneiro o 18 de xuño de 1931, é un sociólogo e político brasileiro, segundo presidente electo do seu país despois da redemocratización ocorrida en 1985. Gobernou o país de 1 de xaneiro de 1995 ata 31 de decembro de 2002.

Traxectoria Na década de 1960 foi profesor de socioloxía, e foi xubilado co Golpe de 1964. Na década de 1970 xuntouse ó partido Movimento Democrático Brasileiro (MDB) a través do cal foi elixido senador. En 1985 disputou con Janio Quadros a alcaldía (prefeitura) da cidade de São Paulo pero sen éxito.

En 1986 foi reelixido senador e participou da Asemblea Nacional Constituínte, que elaborou a Constitución brasileira de 1988.

Despois do impeachment de Fernando Collor de Mello, foi nomeado ministro das finanzas do goberno de Itamar Franco, e foi o responsábel da creación do Plan Real o 1 de xullo de 1994, que mudou a moeda do Brasil (chamada Cruzeiro, á actual moeda, Real) e reduciu a ata entón forte inflación brasileira.

Grazas ó apoio popular ó Plan Real, logrou ser electo en 1994 e reelecto en 1998, derrotando nas dúas ocasións a Luiz Inácio Lula da Silva, que o sucedeu a 1 de xaneiro de 2003.

Actualmente, Fernando Henrique Cardoso mantén unha fundación, que leva o seu nome.

Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1931 Categoría:Doutores honoris causa pola Pontificia Universidade Católica do Perú Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade do Porto