Corpo e alma () é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Robert Rossen e interpretado por John Garfield, Lilli Palmer, Hazel Brooks, Anne Revere e William Conrad.[tcmdb.com/title/title.jsp?stid=0039204 Body and Soul at the TCM Movie Database]
Foi emitido na TVG o 7 de novembro de 2015.La Voz de Galicia, 7 de novembro de 2015. Páxina 54.
Argumento Charley Davis, en contra dos desexos da súa nai, convértese en boxeador. Segundo vai acadando máis éxito, vaise vendo rodeado por personaxes turbias, incluíndo un promotor sen ética chamado Roberts, que o tenta con vicios. Charley enfróntase a escollas cada vez máis difíciles.
Elenco John Garfield como Charlie Davis Lilli Palmer como Peg Born Hazel Brooks como Alice Anne Revere como Anna Davis William Conrad como Quinn Joseph Pevney como Shorty Polaski Lloyd Gough como Roberts Canada Lee como Ben Chaplin Art Smith como David Davis
Recepción Cando se estreou o filme, o crítico Bosley Crowther gabouno.Crowther, Bosley. The New York Times, film review, "Exciting Story of Prizefighting, Starring John Garfield, at Globe", 10 de novembro de 1947. Consultado o 16 de xullo de 2013. O crítico Dennis Schwartz indicou que o filme tiña un punto de vista sociopolítico e gabou tamén o traballo de Garfield.Schwartz, Dennis Schwartz . Ozus' World Movie Reviews, film review, 23 de marzo de 2004. Consultado o 16 de xullo de 2013.
Notas
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Rossen Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre boxeo Categoría:Filmes de 1947 con versión en galego