Grant Vernon Hart (18 de marzo de 1961 - 13 de setembro de 2017) foi un músico estadounidense, coñecido por ser o batería e co-compositor da banda de rock alternativo e hardcore punk Hüsker Dü. Tras a separación do grupo en 1988 formou o trío Nova Mob, onde pasou a cantar e a tocar a guitarra. Coa disolución de Nova Mob en 1997 Hart centrouse na súa carreira en solitario.

Como co-compositor de Hüsker Dü, cancións súas, como "The Girl Who Lives on Heaven Hill" e "Turn on the News", recibiron loanzas dos críticos e contemporáneos. O seu estilo vocal, en contraste co de Bob Mould, era máis medido e melódico. A súa elección de temas líricos, que vai dende a alienación adolescente en "Standing by the Sea" e a descrición dun asasinato en "Diane," ata historias travesas como "Books About UFOs", axudou a expandir as temáticas do hardcore punk.

Hart morreu o 13 de setembro de 2017 por complicacións co cancro de fígado e a hepatite C que padecía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Baterías