A selección de fútbol de Panamá é o equipo representativo de Panamá nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está organizada pola Federación Panameña de Fútbol (FEPAFUT), pertecente á CONCACAF e á Federación Internacional de Fútbol (FIFA). O seu primeiro partido internacional non oficial foi contra a Selección Xalisco, que representaba a México, o 28 de xullo de 1937 en Santiago de Cali, Colombia. Por outra banda, o seu primeiro encontro oficial foi en 1938 ante na capital do país, Cidade de Panamá.

Clasificouse por primeira vez na súa historia ó Mundial en Rusia 2018. Na Copa Ouro da CONCACAF alcanzou o subcampionato en dúas ocasións: 2005 e 2013, sendo derrotado en ambas edicións pola selección dos Estados Unidos. Na Copa Centroamericana, Panamá foi campión no 2009 e subcampión no 2007 e 2017. Panamá tamén ostenta un título da extinta Copa CCCF, en 1951.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación Panameña de Fútbol

Categoría:Fútbol en Panamá