Elsa Artadi i Vila, nada en Barcelona o 19 de agosto de 1976 é unha economista e política catalá, voceira de Junts per Catalunya no Parlamento de Cataluña e conselleira de Presidencia do goberno da Generalitat dende maio de 2018.
Traxectoria Estudou no colexio concertado Stel·la de Barcelona. Licenciada e mestrada en economía pola Universidade Pompeu Fabra, Artadi recibiu o seu doutoramento na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación La Caixa. De 2006 a 2011 foi profesora de Economía na Universidade Bocconi de Milán. De 2006 a 2011 foi profesora de Economía da Università Bocconi en Milán. Foi profesora visitante da UPF e da Barcelona Graduate School of Economics.
Durante esta época tamén foi profesora na Fudan University de Shanghai e membro do comité científico do Banco Mundial en Casablanca (Marrocos), consultora do Banco Mundial en Washington, D.C. e membro do comité científico da European Economic Association. Durante este período colaborou en diversos informes co economista e profesor da Universidade de Columbia Xavier Sala i Martín, e foi a tradutora ó castelán da súa obra Apunts de creixement econòmic.
Entrou na Generalitat no ano 2011 como asesora no Departamento de Economía do conselleiro Andreu Mas-Colell. En 2012, participou na proposta de pacto fiscal de CiU e participou en diversos actos de campaña con vista ó 25 de novembro. En 2013, foi nomeada directora xeral de Tributs i Joc, onde creou a Grossa de Cap d'Any. Este feito deulle protagonismo nos medios.
En 2015, foi nomeada secretaria de Facenda do Departamento de Economía, e en xaneiro de 2016 foi nomeada directora xeral de Coordinación Interdepartamental da Generalitat de Cataluña.
No verán de 2016 afilouse ó PDeCAT e en 2017 coordinou e presidiu o relatorio ideolóxico do PDeCAT, formou parte do primeiro equipo directivo do partido, xestionando estudos e programas, pero dimitiu por mor do réxime de incompatibilidades. Posteriormente daríase de baixa do partido. Malia a aplicación do 155 en 2017, Artadi non foi cesada do cargo. Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña do mesmo ano foi escollida deputada na lista de Junts per Catalunya, candidatura da cal foi a directora de campaña e onde ía de número 10 na lista por Barcelona.
Na XII lexislatura, é voceira parlamentaria do grupo de Junts per Catalunya. É unha das facianas máis visibles da súa coalición.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1976 Categoría:Economistas de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Políticos de Junts per Catalunya