Angela McRobbie, nada en 1951, é unha feminista, profesora, socióloga e teórica británica dos estudos culturais. McRobbie combina o estudo de diferentes dimensións da cultura xuvenil co desenvolvemento da teoría cultural e política.

Traxectoria McRobbie fixo os seus estudos de posgrao no Centro de Estudos Culturais contemporáneos na Universidade de Birmingham. Ensinou en Londres, logo na Universidade de Loughborough e é Profesora de Comunicacións na Universidade de Goldsmiths, Londres.

O seu traballo máis coñecido xira arredor da análise do xénero na cultura xuvenil. Foi crítica respecto do traballo das subculturas do CCCS realizado por Paul Willis e Dick Hebdige, pola súa falta de consideración do xénero. Máis aínda, subliñou a necesidade de analizar a natureza da vida cultural das mulleres novas, en orde a estabelecer se se estruturaba dun xeito diferente daquel dos mozos. Este enfoque levou a escribir sobre a cultura da feminidade, os romances, a música pop e a cultura “teenybop”, a revista para mozas “Jackie”, entre outras cousas. Estes ensaios poden atoparse en "Feminism and Youth Culture" (1991).

Obras Zoot Suits and Second-hand Dress (1989) Feminism and Youth Culture (1991) Postmodernism and Popular Culture (1994) British Fashion Design: Rag Trade or Image Industry? (1998) In the Culture Society: Art, Fashion and Popular Music (1999) The Uses of Cultural Studies: A Textbook (2005) The Aftermath of Feminism: Gender, Culture and Social Change (2009)

Notas

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Profesores da Universidade de Londres