O Gran Premio do Brasil de 1997 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 30 de marzo de 1997 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil. Foi a segunda carreira da tempada da Fórmula Un. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto Jacques Villeneuve de Williams despois de que comezase desde a pole position. Gerhard Berger terminou segundo para o equipo Benetton e o piloto de Prost Olivier Panis foi terceiro.
Resumo
Pre-carreira O equipo Lola chegou a Brasil aínda sen recibir diñeiro do principal patrocinador MasterCard. Con varios millóns de dólares en débedas, o equipo volveu á base sen completar unha volta ao circuíto. Algúns días despois, o equipo retirouse oficialmente do campionato.
Clasificación Jacques Villeneuve logrou a súa terceira pole position consecutiva, e a quinta da súa carreira, despois de facer un tempo de 1:16.004, máis de medio segundo máis rápido que Michael Schumacher, segundo. Gerhard Berger e Mika Häkkinen completaron a segunda liña.
Carreira A carreira viu unha bandeira vermella despois de varios incidentes na primeira saída. Como en Australia, Jacques Villeneuve saíuse da pista na primeira curva. Logo, un incidente implicou varios pilotos como Damon Hill, Eddie Irvine, Giancarlo Fisichella e Jan Magnussen. Irvine levou a culpa do incidente. Adicionalmente, o coche de Rubens Barrichello fallou na liña de saída, e o bloqueo da pista foi o que finalmente causou a bandeira vermella. Na seguinte saída Barrichello reiniciou no Stewart de reposto, facendo que Magnussen perdérase a carreira.
A carreira reiniciouse coas 72 voltas que aínda faltaban. Villeneuve fixo un comezo limpo, igual que o resto dos participantes. Ao final da primeira volta, Villeneuve pasou a Michael Schumacher para retomar o liderado. Máis tarde, antes do primeiro pit stop, Berger tamén pasaría a Schumacher na recta de boxes antes da primeira curva. Irvine entrou aos pits a mediados de carreira, sufrindo unha enorme dor debido a que os seus cintos tensabannse demais na cabina.
Damon Hill novamente se viu afectado por problemas de fiabilidade, o seu motor fallou a catro voltas do final. Corría en cuarto lugar nese momento, pero caeu na pista antes de retirarse aos boxes cun incendio no motor causado por unha fuga de aceite. O gañador da carreira anterior, David Coulthard, estivo fóra de ritmo e terminou en décimo lugar.
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:16.004 2 5 Michael Schumacher Ferrari 1:16.594 +0.590 3 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:16.644 +0.640 4 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:16.692 +0.688 5 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:16.756 +0.752 6 7 Jean Alesi Benetton-Renault 1:16.757 +0.753 7 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:16.912 +0.908 8 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:16.971 +0.967 9 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:17.090 +1.086 10 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:17.175 +1.171 11 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:17.259 +1.255 12 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:17.262 +1.258 13 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:17.409 +1.405 14 6 Eddie Irvine Ferrari 1:17.527 +1.523 15 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:17.999 +1.995 16 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:18.095 +2.091 17 21 Jarno Trulli Minardi-Hart 1:18.336 +2.332 18 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:18.557 +2.553 19 17 Nicola Larini Sauber-Petronas 1:18.644 +2.640 20 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:18.773 +2.769 21 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:18.885 +2.881 22 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 1:19.274 +3.270
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 72 1:36:06.990 1 10 2 8 Gerhard Berger Benetton-Renault 72 +4.190 3 6 3 14 Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 72 +15.870 5 4 4 9 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 72 +33.033 4 3 5 5 Michael Schumacher Ferrari 72 +33.731 2 2 6 7 Jean Alesi Benetton-Renault 72 +34.020 6 1 7 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 72 +50.912 13 8 12 Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 72 +1:00.639 7 9 4 Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 72 +1:15.402 8 10 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 71 +1 volta 12 11 17 Nicola Larini Sauber-Petronas 71 +1 volta 19 12 21 Jarno Trulli Minardi-Hart 71 +1 volta 17 13 19 Mika Salo Tyrrell-Ford 71 +1 volta 22 14 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 71 +1 volta 15 15 18 Jos Verstappen Tyrrell-Ford 70 +2 voltas 21 16 6 Eddie Irvine Ferrari 70 +2 voltas 14 17 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 68 Motor 9 18 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 67 +5 voltas 18 Ret 11 Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 52 Eléctrico 10 Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 16 Suspensión 11 Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 15 Suspensión 16 NTS 23 Jan Magnussen Stewart-Ford 0 Colisión 20
Notas Notas da carreira A carreira detívose tras o primeiro accidente na primeira volta e reiníciase coa distancia orixinal total. Jan Magnussen non reiniciou a carreira. Ambos Lola retiráronse por motivos económicos e non participaron máis na tempada. Fitos: Eddie Irvine 50ª participación nun Gran Premio; Damon Hill 75ª participación nun Gran Premio; Rothmans Williams - Renault 100ª participación nun Gran Premio e 25ª vitoria.
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 David Coulthard 10 2 Jacques Villeneuve 10 3 Gerhard Berger 9 4 Michael Schumacher 8 5 Mika Häkkinen 7
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 17 2 Benetton-Renault 10 3 Williams-Renault 10 4 Ferrari 8 5 Prost-Mugen-Honda 6
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Detalles da carreira:
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1997 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1