The Smiths foi un grupo inglés de rock alternativo activo entre 1982 e 1987. Foi formado en Manchester por Morrissey (voz), Johnny Marr (guitarra), Andy Rourke (baixo) e Mike Joyce (batería). Morrissey e Marr foron os principais comopositores da banda. The Smiths son considerados un dos artistas máis importantes que xurdiron da música independente británica dos anos 80.

The Smiths ficharon polo selo independente Rough Trade Records en 1983 e lanzaron o seu álbum de estrea, The Smiths, en 1984. O seu enfoque nun son de guitarra, baixo e batería que fusionaba o rock dos anos 60 e o post-punk, foi un rexeitamento ao son synthpop que predominaba na época. Varios dos seus sinxelos chegaron ao top 20 da lista británica e todos os seus álbums de estudio acadarían o top 5 no Reino Unido, conseguindo un número 1 con Meat Is Murder (1985).

En 1985 introduciron teclados, aínda que mantiveron a guitarra como instrumento principal, acadando o éxito entre o gran público en Europa con The Queen Is Dead (1986) e Strangeways, Here We Come (1987), que entraron no top 20 da lista europea de álbums. En 1986 a banda converteuse brevemente nun quinteto coa incorporación do guitarrista Craig Gannon.

Tensións internas levaron á disolución de The Smiths en 1987, seguida de demandas públicas por dereitos de autor. Cada un dos membros dixo que a banda nunca se reuniría e rexeitaron todas as ofertas para facelo. Rourke morreu en 2023.

Entre as súas principais obras destácanse as cancións "The Boy With The Thorn In His Side", "How Soon Is Now", "This Charming Man", "Ask", "Heaven Knows I'm Miserable Now", "Bigmouth Strikes Again" e "Panic".

Formación principal (1982–1987) Formación principal (1982–1987)

Morrissey – vocais Johnny Marr – guitarras, teclados, baixo Andy Rourke – baixo Mike Joyce – batería

Outros membros Dale Hibbert – baixo (1982) Craig Gannon – rhythm guitar (1986)

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Smiths 1984 Rough Trade, Sire Meat Is Murder 1985 Rough Trade, Sire The Queen Is Dead 1986 Rough Trade, Sire Strangeways, Here We Come 1987 Rough Trade, Sire

Recompilatorios Hatful of Hollow - 1984 (Rough Trade, Sire) The World Won't Listen 1987 (Rough Trade, Sire) Louder Than Bombs - 1987 (Rough Trade, Sire) Best...I - 1992 (WEA) ...Best II - 1992 (WEA) Singles - 1995 (Warner Music Group) The Very Best of The Smiths - 2001 (WEA) The Sound of The Smiths - 2008 (Rhino Records UK) The Smiths Singles Box - 2008 (Rhino Records UK) Complete - 2011 (Rhino Entertainment)

Álbums ao vivo Rank - 1988 (Rough Trade, Sire)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Smiths Smiths Smiths Categoría:Grupos musicais formados en 1982 Categoría:Grupos musicais formados en 1987