Cordelia Fine, nada en Toronto en 1975, é unha filósofa, psicóloga e escritora británica e canadense de nacemento.
Traxectoria É profesora de historia e filosofía da ciencia na Universidade de Melbourne, Australia. Fine escribiu tres libros de divulgación científica sobre os temas da cognición social, neurociencia e os mitos populares da diferenciación de sexos.
O seu libro Testosterone Rex gañou o Premio Royal Society Science Book de 2017. Foi autora de diversos capítulos académicos e numerosas publicacións.
Fine é recoñecida por cuñar o termo "neurosexismo", a afirmación de que os cerebros dos homes e as mulleres son distintos, unha idea que ela rebatiu nos seus libros e artigos, especialmente en Cuestión de sexos (2010).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Gina Rippon Neurosexismo
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Toronto