Celso Parada Fernández, nado en Moaña o 22 de marzo de 1958 e finado o 3 de agosto de 2019, foi un actor galego.

Traxectoria Comezou a traballar no teatro en 1976 como actor e director. Formouse canda a Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez e Victor Rotelli entre outros. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, realizou un máster de especialización en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 1989 fundou a compañía Teatro do Morcego canda a Isabel Ávila. En Montevideo traballou coa compañía El Galpón e baixo a dirección de Bernardo Galli.

Participou no Festival de Teatre Grec de Barcelona, FITEI do Porto, Festival Internacional de Ribadavia e o Festival de Teatro de Cangas entre outros. En 2019 foi nomeado académico de honra pola Asociación Galega de Teatro.

Teatro Con Teatro do Morcego House desaforado (2017) Presidente (2016) Nosa Señora das Nubes (2016) Momo (2002) A Gran Ilusión (2002) Os vellos non deben de namorarse (2001) Os Piratas-A Branca-Rosa (2000) Morte accidental dun anarquista (1999) O Lazariño de Tormes (1998, monólogo) A incrible vida de Héctor Loureiro Os patios da memoria

Con Vía Láctea Multimedia (1993-94) Macbeth Misterio cómico (1991) Rapsodia Pimenteliana (1990); ‘Kartoteka (1989) Ubu rei (1988) Ácido Sulfúrico (1987).

Co Centro Dramático Galego A lagarada A cacatúa verde O Colaborador A comedia do gurgullo

Filmografía Televisión Pequeno Hotel (2001) Quart (2007) Tres días de abril (miniserie, 2010) La que se avecina (2012) Gran Reserva (2013) Libro de familia (2005-2013) Aída (2013) E agora que? (2015) O Faro (2015) El punto frío (2018) Fariña (2018) Pratos combinados (serie da TVG); A familia Pita (serie da TVG), Mareas vivas (serie da TVG); Rías Baixas (serie da TVG).

Cinema Huidos (1993) A lingua das bolboretas (1999) O lapis do carpinteiro (2003) O ano da carracha (2004) A Atlántida (telefilme, 2005) Sinbad (telefilme, 2011) Códice (telefilme, 2014) A praia dos afogados (2015)

Curtametraxes De la misma sangre (2008)

Recoñecementos Premio Compostela ó mellor actor Premio María Casares ao mellor texto traducido por O lazariño de Tormes en 1999.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Celso Parada Fernández en Galegos.

Categoría:Actores de Moaña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes