TUI fly Netherlands, legalmente constituída como TUI Airlines Netherlands e anteriormente denominada Arkefly e Arke, é unha aeroliña chárter neerlandesa con sede en Schiphol-Rijk. É a filial neerlandesa do conglomerado alemán TUI Group e a súa base principal está no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol.

Historia TUI fly Netherlands ten as súas raíces en Air Holland, aeroliña fundada no ano 1981. Despois de problemas económicos Air Holland pasou a mans do Exel Aviation Group e tivo un novo comezo como HollandExel en marzo de 2004. En maio de 2005 o Exel Aviation Group declarouse en bancarrota. TUI Group fíxose cargo das actividades da aeroliña e bautizouna como ArkeFly. Ese nome procedía do maior turoperador neerlandés, Arke, que tamén é propiedade de TUI Group. A nova aeroliña operou o seu primeiro voo en setembro de 2005.

As operación en Curaçao, nas Antillas Neerlandesas, comezaron o 15 dexullo de 2004 como DutchCaribbeanExel, que era orixinalmente parte do Exel Aviation Group, pero posteriormente pasou a mans do TUI Group co nome de ArkeFly Curaçao. ArkeFly comezou a voar semanalmente a Sint Maarten dende Ámsterdam o 2 de decembro de 2007, pero deixou de operar ese servizo en novembro de 2008. En 2011 comezaron os servizos cara Orlando, Florida e Israel.

No mes de outubro de 2013 Arkefly cambiou o seu nome para Arke coa intención de reflectir a súa asociación coa axencia de viaxes do mesmo nome.

O 13 de maio de 2015 anunciouse que as cinco aeroliñas subsidiarias do TUI Group recibirían o nome de TUI, aínda que manterían certificados de operador distintos. Arke foi a primeira en cambiar o nome, sendo renomeada o 1 de outubro dese ano.

Frota miniatura|Boeing 737-800 miniatura|Boeing 787-8 En decembro de 2020 a frota de TUI fly Netherlands estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de TUI fly NetherlandsAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasPYTotalBoeing 737-8001—–189189Vai ser retirado en 2020.Boeing 737 MAX-833–189189Están almacenados polos problemas do modelo.Boeing 767-300ER1—31264295Vai ser retirado en 2020.Boeing 787-83—4724429118291309Total8—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas dos Países Baixos