Daniel Carvajal Ramos, nado en Leganés o 11 de xaneiro de 1992, coñecido deportivamente como Dani Carvajal, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Real Madrid da Liga Santander.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Real Madrid desde a categoría alevín até o seu equipo filial, foi traspasado a tempada 2012/13 ao Bayer Leverkusen, onde fixo o seu debut como profesional, sendo incluído no once ideal da Bundesliga. Na tempada seguinte 2013/14, foi recomprado para o primeiro equipo do Real Madrid, facéndose desde a súa chegada, coa titularidade no lateral dereito.
É internacional absoluto coa desde 2014. Previamente, pasou polas categorías inferiores da selección nacional, proclamándose campión de Europa sub-19 en 2011 e sub-21 en 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina oficial do Real Madrid Perfil en BDFutbol.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Leganés Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa