O Gran Premio de Australia de 1996 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de marzo de 1996 en Melbourne. Foi a primeira vez que se celebrou esta carreira en Melbourne, substituíndo ao Circuíto urbano de Adelaide como anfitrión do Gran Premio de Australia. A rolda do Campionato do Mundo de Australia volvía a unha sede anterior do Gran Premio de Australia, aínda que nun circuíto moi diferente, nos arredores do Lago de Albert Park, anfitrión dos Grandes Premios de Australia de 1953 e 1956. Esta foi a carreira de debut do futuro campión mundial Jacques Villeneuve.
Informes
Antecedentes
Foi o segundo gran premio consecutivo celebrado en Australia, a carreira anterior fora a conclusión da tempada de Fórmula Un poucos meses antes En Adelaide.
Estaba programado que Taki Inoue correra co equipo Minardi como piloto de pago, pero non conseguiu os cartos antes da carreira e foi substituído por Giancarlo Fisichella. Marlboro expresou interese en que Fisichella correra desde o inicio da tempada.
A carreira foi a primeira en usar o novo sistema de inicio de carreira, aínda usado hoxe na Fórmula 1. substituíndo o vello sistema de luz vermella a verde. Co novo sistema, cinco luces vermellas encéndense nun intervalo dun segundo, comezando despois de que o último piloto chege á súa caixa na grella. Haí unha pausa pre-determinada, e entón as cinco luces apáganse simultaneamente. Esta foi tamén a primeira carreira en ter unha sesión cualificadora o sábado pola tarde; a sesión de venres retirouse en 1996.
Cualificación
Jacques Villeneuve, no seu debut na Fórmula 1, logrou a pole position.
Ambos Forti non iniciaron a carreira debido á nova regra do 107% para cualificar, que dice que calquera coche que clasificase un 107% máis lento que o tempo da pole (1:38.837 nesta carreira) quedaría excluído. Por certo, que o equipo lograra o seu mellor resultado 7º na anterior carreira no fin da tempada no Gran Premio de Australia de 1995
A medida foi introducida para asegurar que os equipos fosen o suficientemente rápidos como para correr e non ser só unha especie de chicanas móbiles.
Carreira
A primeira fila foi para Williams con Damon Hill e o debutante Jacques Villeneuve nos coches Rothmans azuis e brancos. Na primeira curva, Irvine foi presionado por Hill e o que significou que perdeu o seu impulso e foi superado polos dous Ferraris antes de entrar na terceira curva. Detrás de Hill, Alesi cruzouse diante de Hakkinen e Barrichello para reclamar a curva e comezou unha reacción en cadea de fortes freadas, xa que os pilotos intentaron evitar chocar uns contra outros. Foi ben ata que tocoulle a Coulthard. O McLaren de súpeto virou á esquerda e cruzou a pista cara ao lado do Sauber de Herbert. Herbert intentou evitar o coche e frenou fortemente pero detrás del Martin Brundle non puido controlar o seu coche. O piloto de Jordan intentou parar, pero contactou coa parte traseira de Herbert e Coulthard, e saíu voando para aterrar na trampa de area da curva 3 onde o coche rompeu en dous, facendo que a carreira fose reiniciada. Brundle saíu ileso. O McLaren de David Coulthard e o Sauber de Johnny Herbert, tamén resultaron danados.
Posteriormente Brundle trompeou logo dun pequeno contacto con Pedro Diniz no reinicio. Schumacher fixo un bo traballo para seguir adiante, pero nunca pareceu un candidato para o liderado. Nun patrón de carreira a dúas paradas, Schumacher perdeu medio minuto coa súa parada, aínda que permaneceu no terceiro lugar ata a volta 28 cando un problema cos freos deixouno fora. Iso deixou a Irvine, que anteriormente sobrevivira a unha colisión na sexta volta co Benetton de Jean Alesi, en terceiro lugar.
A carreira estivo marcada polo dominio de Jacques Villeneuve, que liderou a maior parte da carreira pero o seu debut nas carreiras viuse estragado por unha fuga de aceite ao final da carreira. Hill atrapou e pasou a Villeneuve.
Hill logrou a súa 14ª vitoria nun Gran Premio, igualando ao seu pai Graham no número total de vitorias. Ao final, o podio foi Hill-Villeneuve-Irvine.
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:32.371 2 5 Damon Hill Williams-Renault 1:32.509 +0.138 3 2 Eddie Irvine Ferrari 1:32.889 +0.518 4 1 Michael Schumacher Ferrari 1:33.125 +0.754 5 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:34.054 +1.683 6 3 Jean Alesi Benetton-Renault 1:34.257 +1.886 7 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:34.344 +1.973 8 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:34.474 +2.103 9 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:34.494 +2.123 10 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:34.832 +2.461 11 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:35.330 +2.959 12 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 1:35.338 +2.967 13 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:35.351 +2.980 14 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 1:35.453 +3.082 15 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:35.715 +3.344 16 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1:35.898 +3.527 17 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 1:36.109 +3.738 18 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:36.198 +3.827 19 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:36.286 +3.915 20 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:36.298 +3.927 107% tempo: 1:38.837 NSC 22 Luca Badoer Forti-Ford 1:39.202 +6.831 NSC 23 Andrea Montermini Forti-Ford 1:42.087 +9.716
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Damon Hill Williams-Renault 58 1:32:50.491 2 10 2 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 58 +38.020 1 6 3 2 Eddie Irvine Ferrari 58 +1:02.571 3 4 4 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 58 +1:17.037 7 3 5 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 58 +1:35.071 5 2 6 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 57 +1 volta 10 1 7 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 57 +1 volta 11 8 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 57 +1 volta 9 9 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 56 +2 voltas 18 10 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 56 +2 volta 20 11 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 55 +3 voltas 15 Ret 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 42 Cinto de seguridade 17 Ret 1 Michael Schumacher Ferrari 32 Freos 4 Ret 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 32 Embrague 16 Ret 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 29 Motor 8 Ret 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 24 Acelerador 13 Ret 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 15 Motor 12 Ret 3 Jean Alesi Benetton-Renault 9 Colisión 6 Ret 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1 Colisión 19 Ret 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 0 Colisión 14
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Damon Hill 10 2 Jacques Villeneuve 6 3 Eddie Irvine 4 4 Gerhard Berger 3 5 Mika Häkkinen 2
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault 16 2 Ferrari 4 3 Benetton-Renault 3 4 McLaren-Mercedes 2 5 Tyrrell-Yamaha 1
Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
Véxase tamén
Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1