Xosé Plácido Betanzos García, nado en Ribeira en 1952 e finado no mesmo concello o 2 de xuño de 2018, foi un político, profesor e escritor galego.

Traxectoria Militou sempre no BNG, co que botou máis dunha década como voceiro en Ribeira. Foi concelleiro de 1992 a 2002 e candidato á alcaldía de Ribeira en 1995 e 1999.

Exerceu no antigo Instituto Social de la Marina de Ribeira, un ano na Guarda e tamén no CIFP Coroso e o Leliadoura.

Na escrita tratou temas como o drama da emigración na comarca da Barbanza nos primeiros anos do século XX en Nova York ou sobre a violencia machista en Bágoas na chuvia.

Obra Coiteladas na alma (2009), Ed. EraDixital, 104 p., ISBN 9788461326396 Paravea no inferno (2011), Ed. Fervenza, 73 p., ISBN 9788496368514 Bágoas na chuvia (2016), Ed. Fervenza, 125 p., ISBN 9788494537554

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 20x20pxSalseiros Plácido Betanzos (2016)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Profesores Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Ribeira Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG