miniatura|200px|Envase de ibuprofeno xenérico En medicina e en farmacia denomínase antipirético a calquera fármaco que fai diminuír a febre.antipirético no Dicionatio da RAG VV. AA. (2002): Dicionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela: Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-4533-371-2.
Adoitan seren medicamentos que tratan a febre dunha forma sintomática, sen actuar sobre a súa causa. Os exemplos máis comúns son o ácido acetilsalicílico, o ibuprofeno, o paracetamol e o metamizol.
Pero tamén son antipiréticos algúns procedementos físicos, como a aplicación de panos mollados con auga fría sobre o corpo do enfermo, ou os baños deste en auga morna.
Sinónimos Os antipiréticos coñécense tamén polos nomes de antitérmico, antifebril, e febrífugo.
Etimoloxías Antipirético O termo antipirético está formado polo elemento do grego antigo ἀντι- anti-, que significa "contra", e o adxectivo πυρετικός pyretikós, que significa "febril", "con febre",Beekes, Robert (2009): Etymological Dictionary of Greek. Volume 10 do Leiden Indo-European Etymological Dictionary Series (Editor: Alexander Lubotsky). Leyden/Boston: Brill. ISBN 978-90-0417-418-4. derivado de πυρετός pyretós, "ardor", "febre",πυρετός en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon, á súa vez tirado de πῡρ πυρός pỹr pyrós, "lume", "fogo".pyretic no Online Etymology Dictionary.
Antitérmico Así mesmo, antitérmico combina o mesmo primeiro elemento anti- co substantivo do grego antigo θέρμη thermē, "calor", "ardor" (especialmente "ardor febril"), e o elemento ´-ico, formador de adxectivos.thermic no Collins English Dictionary.
Antifebril O sinónimo antifebril é de orixe latina, compoñéndose co elemento anti-, calco de grego, e o termo do latín medieval febrilis, "relativo ou pertencente á febre", derivado do latín clásico febris, is, "febre".antifebrile no Online Etymology Dictionary.
Febrífugo Finalmente, febrífugo orixinouse contra 1680 en Francia, baixo a forma francesa fébrifuge, literalmente "que escorrenta a febre", "que fai fuxir á febre", termo derivado do latín febris, "febre", e fugare, "fuxir".febrifuge no Online Etymology Dictionary.
Usos Os medios físicos son, como quedou dito, unha medida antipirética na que non se empregan fármacos. Pero asociados ao paracetamol baixan a febre de forma máis eficiente. As medidas físicas de forma illada só son eficaces durante poucos minutos.
A administración de antipiréticos é un acto habitual na maioría das persoas que teñen febre, sobre todo os nenos. Sábese que a febre é un mecanismo de defensa do corpo, sobre todo para activar o sistema inmunitario para que traballe con máis eficacia.
O aumento da temperatura corporal até os 38 °C chámase febrícula,Diminutivo latino de febris, "pequena febre".febrícula no Dicionario da RAG. e non é unha febre perigosa que deba ser diminuída con medicación. Débese abordar a enfermidade de fondo, pero debido aos hábitos adquiridos pola poboación e pola comunidade médica, prescríbense e adminístranse antipiréticos máis por ansiedade dos pais e non porque realmente sexan indicados.
A decisión de que antipirético utilizar en cada caso debe fundamentarse no seu mecanismo de acción, farmacodinamia, efectividade e efectos secundarios. Como a maioría das veces o obxectivo é diminuír a temperatura e as molestias do enfermo e, no posíbel, non alterar a resposta inflamatoria, excepto nos casos en que esta sexa exaxerada, recoméndase o paracetamol.
A maioría dos antipiréticos son analxésicos, e poden seenr tamén antiinflamatorios. Os antiinflamatorios non esteroideos, como o ibuprofeno, empréganse nos casos de inflamación e hemorroides.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Analxésico Antiinflamatorio
Categoría:Antipiréticos