French Bee, anteriormente French Blue, é unha aeroliña de baixo custo francesa baseada no aeroporto de París-Orly. Opera unha rede de rutas de longo alcance entre París e Punta Cana, San Francisco, Papeete e Reunión. A súa sede atópase na comuna de Belleville-sur-Vie, no departamento de Vendée.
Historia A aeroliña fundouse no ano 2016 como French Blue, creada polo Groupe Dubreuil. Groupe Dubreuil tamén é o propietario de Air Caraïbes. O primeiro voo a Punta Cana foi o día 10 de setembro dese mesmo ano. French Blue tamén opera algúns voos no nome de Air Caraïbes dende o 1 de xullo de 2016.
En novembro de 2017 a compañía foi renomeada como French SAS. Para evitar problemas legais coa aeroliña estadounidense JetBlue o 30 de xaneiro de 2018 anunciouse que pasaría a chamarse French Bee.
Frota thumb|Airbus A350 En abril de 2018 a frota de French Bee estaba formada polos seguintes avións: + Frota de French BeeAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasPY}TotalAirbus A330-3001—28350378Airbus A350-900235376411Total30
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Francia Categoría:Aeroliñas de baixo custo