A psicoterapia (do grego psykhē - mente, e therapeuein - curar; primeira referencia ca. 1890) é un tipo de terapia cuxa finalidade é tratar os problemas psicolóxicos, tales como depresión, ansiedade, dificultades para relacionarse, entre outros problemas de saúde mental.Vida Celeiro - Revista de Saúde, Beleza e Bem-estar. N.º16 - Inverno 2012. Pág.26 É un proceso dialético efectuado entre un profesional, o psicoterapeuta - que pode ser psicólogo ou psiquiatra, e o cliente ou paciente.

Por ser unha área da saúde mental, a psicoterapia é a principal liña de tratamento para calquera asunto referente ao psiquismo. Para iso, propoñen intervencións psicolóxicas, cuxos obxectivos centrais son:

Restabelecer o funcionamento psíquico óptimo do paciente; Permitir que o paciente comprenda as causas do que lle acomete, para que poida encontrar recursos psíquicos para lidar con súas dificultades, problemas etc; Desenvolver medios de actuar no mundo, redefinindo os seus trazos de personalidade. Solucionar problemas puntuais, que o aflixen, ben como observar cuestións de tipo máis existencial.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Introduction to the Psychotherapies. 4th Edition, 2006. Bloch, S. (Editor). . The Basics of Psychotherapy: An Introduction to Theory and Practice. 2010. Wampold, B. . Psychotherapy: An Introduction for Psychiatry Residents and Other Mental Health Trainees. 2005. Slavney, P. . The Complete Adult Psychotherapy Treatment Planner. 5th Edition, 2014. Jongsma, Peterson & Bruce. . The Neuroscience of Psychotherapy: Healing the Social Brain. 2nd Edition, 2010. Cozolino, L. . Theory and Practice of Counseling and Psychotherapy. 9th Edition, 2012. Corey, G. .

Categoría:Psicoloxía