As linguas tungús son unha familia lingüística falada no leste de Siberia e no nordeste da China polos pobos tungús. Moitas linguas tungús están ameazadas e o seu futuro a longo prazo é incerto. Hai arredor de 75 000 falantes nativos entre a ducia de linguas que compoñen a familia. Algúns lingüistas consideran que o tungús forma parte da controvertida familia de linguas altaicas, xunto coas linguas mongólicas, e ás veces o coreano e as linguas xapónicas.

O termo "tungús" é un exónimo para designar o pobo evenk empregado polos iacutos ("tongus") e os tártaros de Siberia no século XVII, e quere dicir "porco". Pasou ó ruso como "тунгус".

Clasificación interna As linguas tungús divídenseHölzl, Andreas. 2018. The Tungusic language family through the ages: Interdisciplinary perspectives: Introduction. International Workshop at the 51st Annual Meeting of the Societas Linguistica Europaea (SLE). 29 August – 1st September 2018, Tallinn University, Estonia. en dous grupos:

Setentrional Lingua evenki (nome obsoleto: tungús), falada polos evenks na Siberia central, Mongolia e China. Lingua even (nome obsoleto: lamut) da Siberia oriental.

Meridional Lingua manchú falada en Manchuria (nordeste da China), que é a única lingua tungús con forma literaria e historia escrita desde o século XVII. O manchú inclúe o dialecto sibe ou xibe, falado hoxe en día polo grupo étnico dos xibe na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang. A antiga lingua xurchena. Os dialectos do río Amur, que inclúen o nanai ou goldi, o oroch, etc.

Características As linguas tungús son de tipo morfolóxico aglutinante, e algunhas delas teñen sistemas complexos de declinación e patróns elaborados de marcaxe de tempo e aspecto. Porén, ningunha destas linguas posúe xénero gramatical nin clases nominais. Todas as linguas túnxicas teñen posposicións. A conta faise en base dez, e os nomes dos números cardinais do 1 ao 10 son cognados na maioría dos casos.

A orde normal das palabras en todas estas linguas é suxeito–obxecto–verbo.

Relacións con outras linguas As linguas tungús están hoxe en día consideradas coma unha familia lingüística primaria. Especialmente no pasado, algúns lingüistas relacionaron o tungús coas linguas túrquicas e coas linguas mongólicas, entre outras, ben na familia das linguas altaicas ou na das linguas transeurasiáticas., Robbeets, Martine et al. 2021 Triangulation supports agricultural spread of the Transeurasian languages, Nature 599, 616–621

Porén, a proposta de que existan vínculos xenéticos, e non só de tipo areal, segue a ser moi polémica.

Algúns especialistas cren que a lingua falada en Europa polos ávaros (que crearon o Janato ávaro) é de orixe tungús.Helimski, E (2004). "Die Sprache(n) der Awaren: Die mandschu-tungusische Alternative". Proceedings of the First International Conference on Manchu-Tungus Studies, Vol. II: 59–72.

Notas

Categoría:Familias de linguas Categoría:Linguas aglutinantes