María Victoria Domínguez Paredes, nada en Valdeobispo en 1962, é unha política estremeña, deputada de Cidadáns na Asemblea de Estremadura.

Traxectoria Licencenciouse en dereito na Universidade de Salamanca.Ficha de Victoria Domínguez na páxina web de Ciudadanos na Asemblea de Extremadura

Desenvolveu a súa carreira profesional como avogada en Plasencia, con despacho propio que abriu en 1997. Amais exerceu como xuíza en diversas localidades, entre elas Mondoñedo, e entre 1995 e 1997 foi fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.

Tamén é profesora titora de dereito do traballo do centro que a UNED ten en Plasencia.Perfil de Victoria Domínguez en El Correo de Extremadura

Política Principiou a súa carreira política na década dos 90 no Partido Popular, formación coa que logrou ser concelleira en Plasencia entre 2003 e 2007.

En 2007 abandonou a formación popular e foi unha das fundadoras de Unión del Pueblo Extremeño (UPEx), e co novo partido entrou de novo na corporación municipal en 2011. En novembro de 2014, UPEx disolveuse para integrarse en Cidadáns."Upex se integra en Ciudadanos de cara a las próximas elecciones" Hoy.es, 14 de novembro de 2014 e Domínguez converteuse en militante do partido de Albert Rivera, gañando en marzo de 2015 as primarias para ser a candidata á presidencia de Estremadura"Victoria Domínguez, concejal en Plasencia, candidata de Ciudadanos a la Junta de Extremadura" Eldiario.es, 5 de abril de 2015. Tras as eleccións do 24 de maio, Domínguez logrou a acta converténdose en deputada da Asemblea de Estremadura, onde é voceira do grupo mixto e secretaria terceira da mesa da Asemblea, amais de presidenta da comisión non permanente de estudo sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Estremadura.Ficha de Victoria Domínguez na páxina web da Asemblea de Extremadura

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Nados en Valdeobispo Categoría:Avogados de España Categoría:Xuíces de España Categoría:Fiscais Categoría:Concelleiros de España Categoría:Deputados da Asemblea de Estremadura Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)