O Gymnastikos Syllogos Kymis (en grego: Γυμναστικός Σύλλογος Κύμης), coñecido en inglés como Kymis B.C., é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Kymi, na illa de Eubea. Fundado no ano 2010, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O emblema do equipo é a deusa grega Atenea.

Historia O Gymnastikos Syllogos Kymis foi fundado en 1893, estando considerado como o máis antigo club deportivo de Grecia. Aínda que a actividade da primeira sociedade ximnástica de Kymi non perdurou moito no tempo (1893-1907). No ano 2010, un grupo de propietarios de Kymi refundaron o club, buscando que fose unha continuación do antigo equipo, mantendo o emblema orixinal no que aparecía a deusa Atenea. Comezou en categorías rexionales, mais tardou pouco en asentarse no baloncesto nacional, e desde 2013 comeza a ascender ano tras ano de categoría, chegando no ano 2016 até conseguir o primeiro posto na liga regular da A2 Ethniki, o que lle deu o ascenso á máxima categoría do baloncesto heleno, a A1 Ethniki.

Palmarés Segunda División de Grecia Campión (1): 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Kymis