miniatura|Retrato do conde de Floridablanca, impulsor da Xunta Suprema do Estado A Xunta Suprema de Estado foi unha alta instancia de goberno de España de breve duración (1787-1792). Foi creada por Carlos III a instancias do conde de Floridablanca por un Real Decreto o 8 de xullo de 1787 coa denominación oficial de Suprema Junta Ordinaria y Perpetua de Estado,Escudero (2001), p. 423 e estaba composta por todos os secretarios de Estado e de Despacho Universal.Escudero (2001), p. 647
Funcionamento No decreto, regulábase a súa periodicidade semanal e o seu funcionamentoEscudero (2001), p. 640. Floridablanca acompañou o decreto cunha "Instrución reservada", redactada por el a instancias do rei, que recollía un detallado programa de 395 puntos susceptibles de ser tratados na Xunta: morgados, cuestións relixiosas (reorganización das dioceses, Inquisición...), cuestións de Indias en xeral, mellora da Facenda (impostos, renda do tabaco, renda do sal...), política exterior (con Venecia, Inglaterra, Portugal...), etc.Suárez (1990), p.452
Cunha orde do día previamente fixado debatíanse os asuntos de goberno, para establecer criterios de orde xeral e dilucidar as cuestións de competencia que puidesen xurdir. As sesións celebrábanse habitualmente os luns, e extraordinariamente calquera día se algún asunto requiríao. Tiña só carácter consultivo e non existía presidencia, porque se entendía que o era o rei Escudero (2001), p. 651 e, como non asistía, de feito era o conde de Floridablanca quen dirixía as reunións, albergadas na sede da súa secretaría de Estado, polo que tamén de podía deducir a relevancia deste Departamento sobre os demais.Escudero (2001), p. 425 O secretario sería o mesmo có do Consello de Estado.
Pode afirmarse que ao estar presentes os titulares das diferentes secretarías (aínda que, excepcionalmente, podía asistir outras persoas), configurouse como o "primeiro Consello de Ministros na historia do país".Escudero (2001), p. 436 A primeira xuntanza formouse coa asistencia de: Floridablanca (secretario de Estado e Graza e Xustiza), Caballero (de Guerra), o conde de Lerena (de Facenda), frei Antonio Valdés (de Mariña, Guerra, Facenda, Comercio e Navegación de Indias) e Antonio Porlier y Sopranis (de Graza e Xustiza de Ultramar).Suárez (1999), p. 453
A Xunta, moi criticada durante a súa existencia, non sobreviviu ao seu inspirador. O día que este foi substituído polo conde de Aranda, foi suprimida (28 de marzo de 1792).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia de España do século XVIII