O aeroporto de Xénova , tamén chamado aeroporto Cristoforo Colombo ou aeroporto de Xénova-Sestri Ponente polo distrito onde se atopa, é un aeroporto internacional construído nunha península artificial a 7,4 quilómetros ao oeste de Xénova, Italia. É o máis importante de Liguria e serve á cidade e ao porto de Xénova, ademais de a unha considerable cantidade de poboación do sur do Piemonte e do sur da Lombardía. Está operado por Aeroporto di Genova S.P.A., que recentemente mellorou o complexo do aeroporto.
No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 1 249 374 pasaxeiros, sendo o 22º máis concorrido de Italia en termos de pasaxe. A aeroliña de baixo custo española Volotea ten en Xénova unha das súas catro bases italianas. O aeroporto foi bautizado na honra do navegante e explorador xenoves Cristovo Colón.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Xénova