Cochlearius cochlearius, tamén coñecido como arapapá, é unha especie de ave pelecaniforme da familia Ardeidae; antes clasificábase nunha familia monotípica, denominada Cochlearidae, que hoxe é considerada como unha subfamilia dos ardeidos.Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood (2015). «The eBird/Clements checklist of birds of the world: v2015». Dispoñible para descarga. The Cornell Lab of Ornithology.
Características A lonxitude total é de aproximadamente 54 centímetros. O adulto ten unha coroa negra, crista longa e cara negra. A parte superior, gorxa e peito son brancos, e as partes inferiores son vermellas cos flancos negros. As ás son gris pálido. O peteiro macizo, ancho, con forma de cullerón, dálle o nome á especie é principalmente negro. Os paxaros inmaturos teñen as partes superiores principalmente castañas e as inferiores esbrancuxadas tinguidas de castaño, mentres que tamén lles falta a crista.
Historia natural Vive nos pantanos de mangle de México até o Perú e a Arxentina. É unha ave nocturna, e reprodúcese colonialmente nas árbores de mangleiro, pon 2 a 4 ovos brancos azulado nun niño de poliñas.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Ardeidos Categoría:Taxons descritos por Linné