Brais Morán Mato, nado en Ourense o 11 de maio de 1983, coñecido artisticamente como Brais Morán, é un guitarrista e vocalista galego de funky, disco e rock.
Traxectoria Licenciado en Historia da arte e mestrado en Museoloxía e Crítica Contemporánea, Morán iniciou a súa carreira musical en 1997 tocando a guitarra eléctrica en Zumbido, aínda que non foi membro estable deste grupo de punk rock experimental.
Despois, en 2005, foi un dos fundadores e integrantes de Loretta Martin, unha banda de funk coa que editou tres discos.
En 2015 editou en solitario Cruzando o eclipse, e en 2018 o seu segundo álbum, No Mato do desespero. Di de si mesmo que ten influencias do rock, o funk, a música brasileira, a música africana e a tradición galega. Tamén recoñece influencias de Narf.
Familia É fillo de César Morán, irmán de Cláudia Morán e sobriño de Miguel Mato.
Obra Cos Loretta Martin
Loretta Martin (Falcatruada, 2005) Paraíso distante (Falcatruada, 2007) Despois da mandinga (autoeditado, 2012)
En solitario Cruzando o eclipse (The Borderline Music, 2015), do que lazou o single de presentación En paz no ano anterior (2014) No Mato do desespero (2018) Revolución chic (2024)
Vida persoal Está establecido en Perillo e ten parentes en Ponteceso. Dá clases de música.
Notas
Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes