Ramona Giráldez Domínguez, nada na Caniza o 15 de marzo de 1954, é unha poeta e profesora galega.
Traxectoria Aínda que nada na Caniza só viviu nesta vila uns meses, debido a que seu pai, mestre republicano, tiña alí a praza. Despois dun periplo por diversos lugares a familia instálase definitivamente en Santiago de Compostela cando a autora ten nove anos, onde estuda Bacharelato no IES Rosalía de Castro.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica, e posteriormente na subsección de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora agregada de Lingua e Literatura Galega desde 1983 e catedrática da mesma materia desde 1996, impartiu clases en institutos de Vilagarcía de Arousa e Cambados; e desde os anos 1990 no IES Monte das Moas da Coruña.
En 2018 publicou o libro de poemas Tardes de domingo, con ilustracións de Luz Arufe.
A temática da súa poesía é intimista, con elementos paisaxísticos que ocupan un segundo plano, ambientando o desamor e a melancolía, e con matices de saudade e desacougo. miniatura|Con outros integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC En A modo de introdución dise: En 2021 publicou As fotos da retina: un limiar e 49 relatos.
En 2024 volveu publicar poesía, A cohesión da auga: " A cohesión refirese á atracción que teñen as moléculas por outras do seu mesmo tipo, e as moléculas de auga teñen forzas cohesivas fortes, grazas á súa habilidade para formar pontes de hidróxeno entre elas".
Obra
Poesía Tardes de domingo (2018). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-8-9. ISBN 978-84-123646-0-6. A cohesión da auga (2024). Noia: Toxosoutos. 139 páxs. ISBN 9788412849769.
Relatos
As fotos da retina (2021). A Coruña: Medulia Editorial. Ilustracións de Tania Arufe.Presentación de As fotos da retina en Vigo 198 páxs. ISBN 978-84-123646-0-6.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Presentación de Tardes de domingo en Santiago, Consultado o 16/04/2018 Presentación de Tardes de domingo na Coruña, Consultado o 16/04/2018 Conversa con Manuel Castelao sobre Carvalho Calero, Consultado 22/12/2020
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na Caniza Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria