Os Premios Martín Códax da Música son os premios da música de Galicia, galardóns anuais entregados pola asociación Músicos ao Vivo desde 2013. A candidatura ás diferentes categorías require dunha inscrición previa, que posteriormente se somete a votación. Na primeira rolda vota o xurado profesional formado cada ano por 5 profesionais de diferentes áreas do sector musical (xornalista musical, representante de salas, formación/docencia e dous músicos), que tras escoitar e valorar todos os proxectos inscritos na edición, elixen 3 finalistas en cada unha das categorías. Na segunda e última rolda de votación, os socios e socias de Músicos Ao vivo (preto de 500 músicos galegos) escollen baixo o seu criterio co baremo de 3, 2 1 punto os proxectos que consideran a premiar de entre os finalistas.

A cerimonia de entrega celébrase desde o inicio no Pazo da Cultura de Pontevedra e as estatuíñas entregadas, talladas en madeira de cedro polo escultor Víctor Lorenzo, representan melómanos e melómanas. A dirección e presentación de cada edición é encomendada a profesionais do teatro, sendo as dúas primeiras dirixidas por Chévere e as dúas seguintes pola compañía A Panadaría. Carlos Blanco, Marcos PTT e máis Carmen Conde de Tarabela Creativa foron as seguintes mestras de cerimonia das galas. A edición de 2016 foi emitida a través da Televisión de Galicia.

Categorías Categorías musicais: pop e indie; rock; blues, funk e soul; metal; canción de autor; hip hop e músicas urbanas; reggae, ska e mestizaxe; electrónica; música clásica e contemporánea; jazz e músicas improvisadas; música tradicional e folk; músicas do mundo; música infantil; orquestras, grupos e música de verbena; coros e grupos vocais. Premios Organistrum, dedicados aos demais axentes da industria musical: sala; festival; espazos de comunicación musical. Premio Honorífico: galardón especial dedicado a un profesional considerado referencia para a música galega, outorgado pola Xunta Directiva da asociación. Premio Anual: artista do ano, artista emerxente.

Edicións Primeira edición (2013) Na edición inaugural, foron trece as categorías musicais e unha honorífica.

Música infantil: Mamá Cabra Rock: Narf Músicas do mundo: Banda Crebinsky Folk: Berrogüetto Música tradicional galega: Treixadura Pop / Indie: Eladio y los seres queridos Reggae / Ska / Mestizaxe: Transilvanians Electrónica: Das Kapital Jazz / Músicas improvisadas: Abe Rábade Trío Orquestras / Grupos / Música de verbena: A Magnifique Bande Metal: Machina Música clásica / Contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo Hip-Hop / Músicas urbanas: Dios ke te crew Honorífico: Antonio Cruz Arévalo "Peri"

Segunda edición (2014) Os II Premios Martín Códax da Música contaron con quince categorías musicais e unha honorífica, estreando a de blues, funk e soul e a de canción de autor. Tamén foi a primeira edición coas tres categorías especiais Organistrum.

Música infantil: Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc Rock: Cró! Músicas do mundo: Mónica de Nut e Virxilio da Silva Folk: Cuarteto Caramuxo Música tradicional galega: Davide Salvado Pop / Indie: Ataque Escampe Reggae / Ska / Mestizaxe: Zamaramandi Electrónica: Sub Rosa Jazz / Músicas improvisadas: Sumrrá Orquestras / Grupos / Música de verbena: orquestra Los Satélites Metal: NAO Música clásica / Contemporánea: Orquestra Vigo 430 Hip-Hop / Músicas urbanas: Wöyza Blues / Funk / Soul: Cats and Monkeys Canción de autor: aCadaCanto Honorífico: N.H.U. Sala: Aturuxo Festival: Festigal Espazo de comunicación musical: Planeta furancho

Terceira edición (2016) Esta edición contou con dezaseis categorías musicais, tres especiais e unha honorífica, estreando a de coros e grupos vocais.

Música infantil: Brinca Vai! Rock: Foxy Freire Músicas do mundo: Banda Crebinsky Folk: Caxade Música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Pop / Indie: Silvia Penide Reggae / Ska / Mestizaxe: A banda da Balbina Electrónica: CROMA Jazz / Músicas improvisadas: Orquestra de Jazz de Galicia Orquestras / Grupos / Música de verbena: Orquestra Os Modernos Metal: Mutant Música clásica / Contemporánea: Vertixe Sonora Ensemble Hip-Hop / Músicas urbanas: Sokram Blues / Funk / Soul: Nastasia Zürcher Canción de autor: Guadi Galego Coros e grupos vocais: De Vacas Honorífico: Antón Corral Sala: A Arca da Noe Festival: Feito a Man Espazo de comunicación musical: Ábrete de orellas

Cuarta edición (2017) Esta edición tivo dezaseis categorías musicais, tres especiais e unha honorífica.

Música infantil: María Fumaça - Aire! Rock: Agoraphobia Músicas do mundo: Talabarte Folk: Vaamonde, Lamas e Romero Música tradicional galega: Davide Salvado Pop / Indie: Os Amigos dos Músicos Reggae / Ska / Mestizaxe: O Sonoro Maxín Electrónica: Pálida Jazz / Músicas improvisadas: Iago Fernández "Brisa" Orquestras / Grupos / Música de verbena: Áureas en Voga Metal: Aphonnic Música clásica / Contemporánea: Alberto Vilas "Universo Lem" Hip-Hop / Músicas urbanas: Malandrómeda Blues / Funk / Soul: VooDoo Canción de autor: Lebedynski Coros e grupos vocais: EJazz Honorífico: Dorothé Schubarth Sala: A Pousada das Ánimas Festival: Surfing the Lérez Espazo de comunicación musical: Zigzag diario

Quinta edición (2018) Desta vez, os premios contaron con quince categorías musicais, tres especiais e unha honorífica. Música tradicional e Folk pasan a configurar unha única categoría.

Música infantil: A Gramola Gominola Rock: Igmig - Ai que lío Músicas do mundo: Brais Morán Música tradicional e Folk: Xosé Lois Romero & Aliboria Pop / Indie: Eladio y los seres queridos Reggae / Ska / Mestizaxe: Chotokoeu Electrónica: MounQup Jazz / Músicas improvisadas: Yago Vazquez Trio Orquestras / Grupos / Música de verbena: Grupo Limón Metal: Arrhythmia Música clásica / Contemporánea: DIÁSPORA Robertoliveira Hip-Hop / Músicas urbanas: Som do Galpóm Blues / Funk / Soul: The Lakazans Canción de autor: Uxía Coros e grupos vocais: Coro Encaixe Honorífico: Quique Alvarado e Pepe Bordallo Sala: Sala Garufa Club Festival: Resurrection Fest Espazo de comunicación musical: Ábrete de orellas

Sexta edición (2019) Esta edición tivo quince categorías musicais, tres especiais e unha honorífica.

Pop / Indie: Igloo Rock: Bala Músicas Urbanas: Wöyza Clásica / Contemporánea: Adrián Saavedra Música tradicional galega e folque: Tanxugueiras Músicas do mundo: Marcos Teira - NÓs Música electrónica: Baiuca Metal: NAO Música infantil: Xoán Curiel e a Banda do Verán Reggae / Ska / Mestizaxe: Banda Crebinsky Orquestras / Grupos / Música de verbena: Los Satélites Blues / Funk / Soul: Carmen Rey Canción de autor: Su Garrido Pombo Coros e grupos vocais: Ejazz Jazz / Músicas improvisadas: Xosé Miguélez (Ontology) Festival: Festival de Pardiñas Salas: El Contrabajo Club Espazo de comunicación musical: Diario Cultural Honorífico: Carlos Barruso

Sétima edición (2020)

Canción de autor/a: Silvia Penide Blues, Funk, Soul: Carla Green & The Demons Música Folk: Caldo Música Infantil: Magín Blanco e a Banda das Apertas Bandas de música popular: Banda de Música de Merza Reggae, Ska, Mestizaxe: High Paw & Elephants Yard Músicas urbanas: Laura LaMontagne & PicoAmperio Música tradicional: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Jazz, Música improvisadas: Manuel Gutiérrez Trío Coros e grupos vocais: Coro Cantabile Orquestras, Grupos, Música de verbena: América de Vigo Pop, Indie: Guadi Galego e A Banda Somerxida Metal: Broa Electrónica: Músculo! Músicas do mundo: Najla Shami Rock: Agoraphobia Música clásica, contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) Organistrum, espazos e comunicación musical: Festival Agrocuir da Ulloa Organistrum, festivais: Organistrum, salas: Náutico de San Vicente Web: Músicas Galegas Ilustradas Premio Honorífico: María Manuela

Oitava edición (2021)

Rock: Moon Cresta Música Folk: Caamaño & Ameixeiras Metal: N.E.O. Músicas urbanas: Wöyza Músicas do mundo: Lamas/de Miguel/Romero Orquestras, grupos, música de verbena: Bafana Bafana Música tradicional: Xurxo Fernandes & Pedro Lamas Blues, Funk, Soul: Brais Morán Música infantil: Radio BULEBULE Electrónica: Allova Coros e grupos vocais: Coro da Rá Jazz, Músicas improvisadas: Fume Reggae, Ska, Mestizaxe: The Skarnivals Bandas de música popular: Banda de Música de Chantada Música Clásica, contemporánea: Alberto Vilas Pop, Indie: A Banda da Loba Canción de autor/a: MJ Pérez Web: O Recanto do Corcovado Organistrum, espazos e comunicación musical:- Organistrum, festivais:- Organistrum, salas:- Premio Honorífico: Pablo Barreiro Premio Extraordinario: Jazz da Ría e Mardi Gras

Novena edición (2022) Os premios entregáronse en Pontevedra o 5 de outubro de 2022. Son categorías novas Artista Emerxente e Artista do Ano.

Música Tradicional: Airiños da Freba Músicas do Mundo e Mestizaxe: Sheila Patricia Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño Folk: Os d’Abaixo Electrónica: Grande Amore Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet Rock: Familia Caamagno Metal: Grima Blues, Funk e Soul: Nastasia Zürcher Canción de Autor/a: Sofía Espiñeira Infantil: Mamá Cabra Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo Pop e Indie: Néboa Música Clásica Contemporánea: Samudra Trío Premios Organistrum, Comunicación e Difusión: Descúbreas (Deputación de Pontevedra) Premios Organistrum, Salas: A Arca da Noe de Vilar de Santos Premios Organistrum, Festivais: o Festival de Ortigueira. Artista do Ano: Nastasia Zürcher Artista Emerxente: Ant​í​a Mu​í​ñ​o Premio Honorífico 2022: Fuxan os Ventos

Décima edición (2023) Os premios entregáronse en Pontevedra o 7 de xuño de 2023. Novos: Metal e Heavy, antes só Metal. Non houbo: Bandas de Música Popular, Artista do Ano.

Música Tradicional: Ailá Músicas do Mundo e Mestizaxe: Ton Risco e Marcos Teira Folk: Quico Comesaña + Grupo Electrónica: Terrae Jazz e Músicas Improvisadas: David Regueiro Trío e FT. Alexandre Cavaliere Rock e Punk: Moura Metal e Heavy: Arrhythmia Blues, Funk e Soul: Udra Canción de Autor/a: Su Garrido Pombo Infantil: Pillaband Músicas Urbanas: Sila Lúa Orquestras, Grupos e Música de Verbena: Orquestra La Oca Band Pop e Indie: Momboi Música Clásica Contemporánea: Mario G. Cortizo Premios Organistrum, Comunicación e Difusión Musical: Galiciantunes Premios Organistrum, Salas: Sala Rebullón Premios Organistrum, Festivais: Foliada da Fonsagrada Artista Emerxente: Sergio de Miguel Premio Honorífico 2023: Luz Casal

Undécima edición (2024) Os premios entregáronse en Pontevedra o 15 de maio de 2024. Ti que me levas foi o tema que Xurxo Souto converteu no himno da 11ª edición dos Premios Martín Códax da Música que presentou acompañado da banda Xangai.

Música Tradicional: Os Melidaos Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom Folk: Caamao & Ameixeiras Electrónica: Mondra Jazz e Músicas Improvisadas: Pablo Sanmamed Trío con Benxamín Otero Rock e Punk: Terbutalina Metal e Heavy: Her Anxeity Blues, Funk e Soul: Brais Morán Canción de autora: Guadi Galego Infantil: Uxía Lambona Músicas Urbanas: hydn Orquestras, grupos e múscias de verbena: América de Vigo Bandas de Música Popular: Musical de Goián Pop e Indie: Lucía Aldao Música Clásica e Contemporánea: Carme López Premios Organistrum, Comunicación e Difusión Musical: Muidiuño Sessions Premios Organistrum, Salas: A Arca de Nóe Premios Organistrum, Festivais: As Nosas Músicas de Couso Artista Emerxente: Gloria Pavía Premio Honorífico 2023: Emilio Cao

Doudécima edición (2025)