Total Recall é un filme estadounidense de 2012 dirixido por Len Wiseman. O guión, escrito por Kurt Wimmer e Mark Bomback, baséase no filme homónimo de 1990, que foi inspirado pola historia curta de 1966 "We Can Remember It for You Wholesale" de Philip K. Dick. Está protagonizado por Colin Farrell, Kate Beckinsale, Jessica Biel, Bryan Cranston, Bokeem Woodbine, John Cho e Bill Nighy. Ó contrario que o filme orixinal, está ambientado nunha Terra distópica, e non en Marte, e trata máis temas políticos. O filme mestura influencias estadounidenses e asiáticas, especialmente na ambientación das dúas poboacións dominantes das nacións estado da historia: a Unión Federal de Gran Bretaña (Europa Occidental) e a Colonia (Australia).

Personaxes Colin Farrell como Douglas Quaid/Carl Hauser Kate Beckinsale como Lori Quaid Jessica Biel como Melina Bryan Cranston como Chancellor Vilos Cohaagen Bokeem Woodbine como Harry Bill Nighy como Matthias Lair John Cho como Bob McClane Steve Byers como Henry Reed Dylan Scott Smith como Hammond

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados en Australia Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX