A noite do cazador (en ) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Charles Laughton e protagonizado por Robert Mitchum, Shelley Winters e Lillian Gish. O guión de James Agee baséase na novela homónima de Davis Grubb de 1953. A novela e o filme inspíranse na historia real de Harry Powers, que foi aforcado en 1932 polo asasinato de dúas viúvas e tres nenos en Clarksburg, Virxinia Occidental. O estilo lírico e expresionista apártano doutros filmes de Hollywood da mesma época e influenciou a directores posteriores como David Lynch, Martin Scorsese e Rainer Werner Fassbinder.
En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry. A revista Cahiers du cinéma escolleu A noite do cazador en 2008 como o segundo mellor filme de todos os tempos, tras Cidadán Kane.
Foi emitido na TVG o 12 de febreiro de 1994.La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 1994. Páx. 83
Argumento Un home esconde unha gran cantidade de cartos roubados na boneca da súa filla Pearl. Deseguido é apresado, mais antes fixo que os seus fillos prometesen que nunca revelarían onde está o diñeiro. Condenado a morte no cárcere, soña cos cartos, o que atrae a atención do seu compañeiro de cela, o falso reverendo Harry Powell, en segredo un asasino psicópata, mais preso por un delito menor. Cando é liberado, Powell viaxa ata a cidade natal do seu antigo compañeiro de cela para descubrir o agocho do diñeiro e aproxímase á familia. Ninguén desconfía del, agás o fillo máis vello, John.
Elenco Robert Mitchum como o reverendo Harry Powell Shelley Winters como Willa Harper Lillian Gish como Rachel Cooper Billy Chapin como John Harper Sally Jane Bruce como Pearl Harper James Gleason como Uncle "Birdie" Steptoe Evelyn Varden como Icey Spoon, empregada de Willa Don Beddoe como Walt Spoon, marido de Icey Peter Graves como Ben Harper Gloria Castillo como Ruby, unha das nenas de Rachel Paul Bryar como Bart the Hangman
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Jones, Preston Neal: Heaven and Hell to Play With: The Filming of The Night of the Hunter, Limelight Editions, 2004. 400 pages. Ziegler, Damien: La Nuit du chasseur, une esthétique cinématographique, Bazaar and co, 2008. 160 pages. Ligazóns externas Análise do filme por Tim Dirks Análise do filme por Harvey O'Brien The Night of the Hunter en Film Noir of the Week, por Bruce Crowther "Why I Love Night Of The Hunter", artigo de Margaret Atwood en The Guardian "The Hidden Hunter", artigo de Robert Gitt en The Guardian The Night of the Hunter, artigo de Leonard Maltin "Charles Laughton Directed A Masterpiece", artigo de Amber Grey en BellaOnline
Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charles Laughton Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes de suspense Categoría:Filmes sobre crime Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1955 con versión en galego