Ciropedia (do grego Κύρου παιδεία, Kýru paidéia, "Educación de Ciro"), é unha obra de ficción biográfica que abarca a mocidade, ascenso e goberno de Ciro, escrita por Xenofonte posibelmente entre os anos -365 e -380W. Schmid, 1934:518. Sostén unha data tardía, sobre o -362.
Esta obra consta de oito libros, os cales teñen o obxectivo de representar o ideal de soberano e cabaleiro a partir da figura exemplar de Ciro. O libro I presenta o devir do seu personaxe, en cambio os libros do II ao VIII narran o seu modo de actuar, produto dese devirde Atenas Xenofonte 1987:7.
Libros Ana Vegas Sansalvador, na introdución da obra "Ciropedia", escribeXenofonte 1987:5. Escritora da introdución, tradución e notas de Ciropedia:
O libro I empeza coa reflexión sobre as dificultades que implica gobernar, logo fai referencia a un home que fai caso omiso a estas dificultades e en cambio faise respectar e amar polo seu vasto imperio: o persa Ciro. Relata as orixes deste gobernador, sobre os seus pais e a educación persa que tivo. Seguido conta as ocorrencias, cando Ciro era neno, da estancia e volta na corte xunto ao seu avó Astiaxes, quen foi o último rei medo. Á súa volta a Persia narra a vida de Ciro cando era príncipe, os deberes que cumpría en contraste aos demais mozos e o ensino que tivo de parte do seu pai, Cambises, sobre cuestións militares con relación á súa persoa, aos seus homes e aos seus inimigosXenofonte, 1947:87 tomo primeiro.
Os libros II e III narran os preparativos previos á contenda e as campañas de Armenia e Caldea. Ciro, agora con máis carácter, gaña estas dúas contendas, grazas ao bo desempeño que tivo cos seus soldados ao fomentarlles o ánimo con diversos concursos e recompensas, ademais do bo armamento que levabande Atenas Xenofonte, 1987:152Xenofonte, 1987:149.
Os libros IV até VII contan a campaña de Asiria. Empeza cos preparativos, as tácticas que se habían utulizar nesta campaña, logo a marcha contra o inimigo e a primeira vitoriaXenofonte 1987:228. Logo do abandono de Ciaxares, tío de Ciro, este segue o seu rumbo co seu exército e algúns voluntarios medos, quen logo reciben a axuda dos hircanios, quen eran aliados dos asirios. Tamén relata sobre o espía que mandou Ciro aos asirios, quen se facía pasar por un desterrado persa polo seu vulgar comportamento por namorarse de Pantea, muller de Ciro. Xa no libro VII, fala sobre os pobos sometidos por Ciro no seu paso a Babilonia e termina coa captura desta cidadeXenofonte, 1987:411.
Ao termo do libro VII, Ciro preséntase xa como soberano asentado en Babilonia, logo no libro VIII comeza a organización da corte e logo o imperio, controlada por Ciro. Neste libro tamén relata os encontros de Ciro cos seus amigos, colmándoos de agasallos, e algúns poboadores, como FeraulasXenofonte, 1987:455-457. Xa case finalizando a obra Xenofonte fala dun Ciro xa ancián, próximo a morrer na súa cama e rodeado dos seus fillos, a quen lles advirte sobre os perigos da división e demais últimos consellos, sendo as súas últimas palabras: Este último libro conclúe co epílogo, que describe a decadencia do imperio despois da morte de Ciro e contrastando estes dous temposXenofonte, 1987:493. Este epílogo entra en controversias, considerándose como sospeitoso, auténtico e por outros como apócrifoXenofonte e Pierre Chambry, 1932M. Hémardinquer, 1872.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Texto español en Scribd, con índice electrónico. Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). Texto grego en Wikisource. Texto grego no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Clara Álvarez: Análise morfolóxica e sintáctica dun fragmento do texto grego (I, 3, 2 - 3: Ciro o Grande coñece ao seu avó materno). O fragmento en Wikisource. O fragmento no Proxecto Perseus: 2; 3. O fragmento en español; en Scribd. José Vela Tejada, da Universidade de Zaragoza: Sobre a Ciropedia . Manuscrito do século XV dixitalizado, no Somni na súa colección do duque de Calabria
Categoría:Novela histórica Categoría:Imperio Aqueménida Categoría:Literatura da Grecia antiga