miniatura|Interior do panteón, templo de todos os deuses, en Roma (hoxe transformado en igrexa). A relixión na Roma Antiga caracterizouse polo politeísmo, con elementos que combinaron influencias de diversos cultos ao longo da súa historia. Dese modo, na súa orixe, crenzas etruscas, gregas e orientais foron sendo incorporadas aos costumes xa tradicionais de acordo con súa efectividade.

A idea de efectividade dun ritual para agradar a un deus ou deuses é a idea que inunda o escenario relixioso da época. A noción de nosa sociedade de tradición xudaico-cristiá canto á relixión liga os rituais á fe, algo que non era tido en conta polos romanos. Para eles os deuses simplemente existían, non había necesidade de cuestionar ese feito.

Os deuses dos antigos romanos, á semellanza dos antigos gregos, eran antropomórficos, ou sexa, eran representados coa forma humana e posuían características como calidades e defectos de seres humanos.

O Estado romano propagaba unha relixión oficial que prestaba culto aos grandes deuses, como, por exemplo, Xúpiter, pai dos deuses; Marte, deus da guerra; ou Minerva, deusa da arte. Na honra deses deuses eran realizados festivais, xogos, sacrificios e outras cerimonias. Posteriormente, diante da expansión militar que conduciu ao imperio, moitos deuses das rexións conquistadas tamén foron incorporados aos cultos romanos, así como algúns deuses romanos foron incorporados ás rexións conquistadas.

No ámbito privado, os cidadáns, á súa vez, tradicionalmente buscaban protección nos espíritos domésticos, os chamados lares, e nos espíritos dos antepasados, os penates, aos cales rendían culto dentro de casa.

Pietas Segundo os pescudadores, a relixión desempeñaba un papel fundamental na definición da sociedade e nas relacións de poder. Ao participar dos cultos, era garantida a pax deorum ("paz divina", en latín), a harmonía civil e a maior integración destas comunidades no imperio levando a unha maior integración de cultos relacionados ao poder imperialBELTRÃO, Cláudia. 2011: 11..

Dentro do carácter social da relixiosidade romana, a importancia que é establecida nas relacións persoais é expresada polo termo latino pietas, literalmente traducido como "piedade". A pesar da súa conexión co verbo piare ("calmar", "borrar unha falta", "conxurar un mal presaxio"), a pietas designaba a observación escrupulosa dos rituais, mais tamén o respecto ás relacións entre as persoas no propio ámbito socialEliade, 2011: 109.. Para un fillo, a pietas consistía en obedecer ao pai, e ao mesmo tempo existía a pietas que os membros dun grupo debían á cidade á que pertencían. Con todo, máis importante que eses deberes era a pietas con relación aos deusesEliade, 2011: 110.. As ideoloxías humanitarias dos séculos XVIII e XIX tentaron retomar esa concepción; porén, desacralizaron a vella concepción da pietas romana. A pietas tamén era representada en moedas por obxectos de culto ou como unha figura feminina realizando sacrificios cun fogo. Ela tiña tal importancia na vida cotiá romana que posíbeis fallos durante o ritual (de aí a idea de impiedade) eran unha cuestión de coidados permanentes.

O sacrificio esquerda|miniatura|Sacrificio romano, relevo en mármore no Museo do Louvre Tanto no culto público como no privado, o sacrificio consistía na ofrenda de determinada materia alimentar. Cereais, uva, viño e principalmente vítimas animais. Efectuábanse libacións preliminares sobre o lar portátil (foculus), que representaba o foculus do sacrificante, e situábase fronte ao templo, ao lado do altarEliade, 2011: 115.. A parte reservada aos deuses (fígado, pulmón, corazón e algúns outros pedazos) era queimada sobre o altar. A carne era consumida polo sacrificante e polos seus compañeiros no culto privado, e polo corpo de sacerdotes nos sacrificios celebrados en favor do Estado.

A tríade capitolina

miniatura|Xúpiter, estatua no Ermitage. miniatura|Xuno, estatua no Museo do Louvre. miniatura|Minerva, estatua no Ninfemburgo en Múnic. Ao contrario dos gregos, que desde cedo organizaron un panteón estruturado, os romanos presentaban, no comezo da súa época histórica, só unha agrupación xerárquica das divindades. A tríade arcaica estaba composta por Xúpiter, Marte e Quirino, completada por Xano e Vesta. Na calidade de deus dos "comezos", Xano foi colocado no cume da lista, e Vesta, protectora da cidade, no final. Xúpiter é por excelencia o deus soberano, celeste e fulgurante, rexente da xustiza e fiador da fecundidadeEliade, 2011: 116.. Marte representaba entre todos os pobos itálicos o deus guerreiro. Quirino é solidario da comunidade dos viri, a reunión do pobo romano.

Canto a Xano e Vesta, a súa incorporación á tríade arcaica dá continuidade a unha tradición indoeuropea. Espacialmente, Xano encóntrase nos limiares das casas e nas portas. No ciclo temporal, é el quen rexe os comezos do ano. O peche das portas do templo de Xano en Roma, ocorrido raras veces, simbolizaba que o imperio estaba en paz. O nome de Vesta deriva dunha raíz indoeuropea que significa "queimar", pois o fogo perpetuo constitúe o lar de Roma. Xeralmente, os templos deberían ser inaugurados e orientados segundo as catro direccións celestes (ter catro cantos, ser cuadricular), mais a casa da deusa Vesta non debería ser inaugurada, visto que toda a forza dela está sobre a terra, por iso o seu santuario é circular: é unha aedes sacra, non un templum.

Aos poucos a relixión foise constituíndo nunha construción que mesturou a tradición procedente das épocas iniciais (compoñentes itálicos, indoeuropeos, etruscos, gregos) coa capacidade de acoller as forzas divinas dos “outros”, quere dicir, as comunidades conquistadas.

So a dominación etrusca, a vella tríade Xúpiter, Marte e Quirino perde a súa actualidade, sendo substituída pola tríade Xúpiter, Xuno e Minerva, instituída na época dos Tarquinios. Debido á influencia etrusca e helena, as divindades eran representadas en estatuas antropomórficas e con atributos distinguidos. Iuppiter Optimus Maximus, como pasa a ser chamado, é presentado aos romanos so a imaxe modificada do Zeus heleno, e o seu templo era considerado o principal templo de Roma.

Xuno era probabelmente considerada a máis importante das deusas romanas, pero tamén podía ser desconcertante. O seu nome latino, Xuno, deriva dunha raíz que expresa "a forza vital". As súas funcións son múltiples: rexe a fecundidade das mulleres, pero tamén o comezo dos meses. No Capitolio ela era Regina ("raíña"), título que reflectía unha tradición de realeza sagrada.

Minerva á a padroeira das artes e dos artesáns. O nome é probabelmente itálico (derivado de "men", que designa toda e calquera actividade do espírito). Os romanos recibírona por intermedio dos etruscos, pero xa na Etruria, Menrva (Minerva) representaba unha adaptación de Palas Atenea.

A tríade capitolina non prolongou ningunha tradición romana. Xúpiter era o único representante da herdanza indoeuropea. A asociación entre Xuno e Minerva foi obra dos etruscosEliade, 2011: 117.. Para eles, a tríade divina tamén exercía un papel na xerarquía do panteón. Sábese, por exemplo, que ela presidía a fundación dos templos.

Colexios sacerdotais

Os flamines

esquerda|miniatura|Relevo cos flamines. Altar da Paz, en Roma. O culto público, so o control do Estado, era efectuado por certo número de oficiantes e confrarías relixiosas - no en tanto, eses cargos sacerdotais non se consideraban algo distinto das maxistraturas regulares do Estado. Na época da monarquía romana, o rei ocupaba o primeiro posto na xerarquía sacerdotal: el era o rei das cousas sagradas (rex sacrorum)Eliade, 2011: 112.. Despois do rei, viñan, na xerarquía sacerdotal, os 15 flamines. En primeiro lugar, os tres flamines maiores: os de Xúpiter (flamen Dial), de Marte (flamen Marcial) e de Quirino (flamen Quirinal). Os flamines non formaban unha casta e non constituían un colexio. Cada flamen era autónomo e ligado a unha divindadeBeltrão, 2006: 14.. O flamen de Xúpiter estaba repleto de prohibicións: non podía se afastar de Roma, non debía aparecer espido baixo o ceo (aos ollos de Xúpiter), nin ver o exército romano, nin montar a cabalo, debía evitar o contacto coas cousas impuras e os mortos ou con aquilo que evocaba a morteMcKeown, 2010: 89.

Houbo un intervalo de case setenta anos no nomeamento do flamen dial desde a morte do último en -86. Un novo sacerdocio só foi inaugurado nos anos -20, baixo o principado de Augusto (reinou do -27 ao 14)Beltrão, 2006: 149.. Este evento, xunto con outros, foi celebrado no grande friso da Ara Pacis), mostrando a Augusto na fronte e os outros catro flamines a seguilo. A mensaxe é a de que o dano causado polo lapso foi afastado polo novo pontífice máximo. miniatura|Augusto como pontífice máximo Estatua no Museo Nacional Romano

O pontífice

Ao lado do flamen Dial, o pontífice (pontifex) desempeñaba, no círculo sagrado do rei, unha función complementaria. O colexio dos pontífices, máis precisamente o pontífice máximo (pontifex maximus), de quen os outros eran só o prolongamento, dispuña ao mesmo tempo de liberdade e de iniciativaEliade, 2011: 113.. O pontífice máximo era o líder e falaba polo colexio no senado. Comparecía ás reunións en que se decidían sobre os actos relixiosos, respondía polos cultos sen titulares e fiscalizaba as festas. No tempo da República Romana, incumbía ao pontífice máximo nomear os flamines maiores e as vestais, sobre os cales posuía poderes disciplinares e ser o conselleiro e tamén ás veces, o representante destas últimas. O colexio dos pontífices estaba composto por nove membros desde -300, noutros momentos, eran elixidos por 17 das 35 tribos

As vestais

esquerda|miniatura|Vestal As seis vestais estaban vinculadas ao colexio pontificial. Escollidas entre os seis e os dez anos de idade polo pontífice máximo, as vestais eran ordenadas por un período de 30 anos. Protexían o pobo romano alimentando o fogo da cidade, que tiñan a obrigación de nunca deixar extinguir. A súa forza relixiosa dependía da virxindade. A condena dunha virxe vestal por mala conduta sexual era un evento raro, pero significativo. O castigo era parte dun ritual de purificación do Estado. Por ser sacrosanta, a vestal non podía ser executada. Por iso, era confinada nunha cámara subterránea cunha cama, unha lampadiña e un pouco de auga e comida, abandonada á morte. Os cómplices do sexo masculino eran azoutados publicamente até a morte McKeown, 2010: 27..

As virxes vestais tiñan privilexios dos cales ningunha outra muller en Roma podía gozar: eran mantidas en condicións de luxo, con diñeiro público; estaban libres da autoridade paterna; gardaban testamentos e tratados, e podían elas mesmas ter un testamento; podían declarar nos tribunais sen facer xuramento; mesmo os maxistrados máis condecorados tiñan que lles ceder o pasoMcKeown, 2010: 26..

As funcións deses tres tipos de sacerdotes era aconsellar o Senado sobre todos os asuntos referentes aos sacra, aconsellar o pobo en temas da lei sagrada, incluíndo a lei dos mortos, supervisar os asuntos da lei familiar (adopción, herdanza, etc.) e manter os rexistros do Estado.

Outros colexios O colexio augural era tan antigo e tan independente como o colexio dos pontífices. Pero o segredo da disciplina foi ben gardado. Sábese só que os augures non eran convocado para desvelar o futuro - o seu papel era esclarecer se este ou aquel proxecto era un sinal divinoEliade, 2011: 114.. O colexio dos augures tiña o mesmo número dos pontífices e eran supervisores e conselleiros sobre os rituais e procedementos concernentes aos auspicios. Co tempo, certas técnicas divinatorias de orixe helénica e etrusca foron introducidas en Roma. O método dos arúspices, que consistía en examinar as entrañas da vítimas animais, era unha práctica etrusca. Existe unha lista de 60 membrosBeltrão, 2006: 143.. Eran ocasionalmente consultados polo Senado.