Sandra María Barral Rodríguez, nada na Coruña en 1973, é unha científica galega especialista en xenética, e unha das máis destacadas estudosas da enfermidade de Alzheimer.
Traxectoria Formación Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a súa tese de doutoramento en Xenética baixo a dirección do doutor Ángel Carracedo, tese que foi lida en 1999.USC. Produción Científica. Teses doutorais. Medicina xenómica.
Labor profesional Despois de traballar un tempo nun grupo coruñés, diante da falta de expectativas, que fixeron que chegara a pensar en abandonar a ciencia, decidiu emigrar a outro país onde poder dedicarse a ela, e así chegou a Nova York, buscando «os mellores laboratorios do mundo»."La cura del alzhéimer está lejos, pero el avance ha sido tremendo". Faro de Vigo, 26 de febreiro de 2012.
Barral considérase a si mesma como unha "veterana" entre os cerebros galegos no estranxeiro —a Fundación Barrié premiouna recentemente pola súa traxectoria—Las investigadoras Sandra Barral y María Labandeira-Rey fueron las ganadoras de los dos premios concedidos a la mejor trayectoria profesional de los científicos en el extranjero. La Voz de Galicia, 29 de decembro de 2011. e contempla con pesimismo a situación do I+D en España. «Desafortunadamente, empeora a pasos axigantados, é desolador e, ademais, hai pouco respecto pola profesión de científico».
A científica coruñesa apostou hai 15 anos por especializarse nas bases xenéticas da enfermidade de Alzheimer dedicándose a descifrar os enigmas desta doenza nun dos laboratorios de referencia sobre a materia.Entrevista a Sandra Barral. La Voz de Galicia, 8 de abril de 2018.
As súas investigacións As súas investigacións céntrase principalmente no mapeo dos xenes que contribúen á susceptibilidade á enfermidade de Alzheimer e a outros trastornos neurodexenerativos humanos. Segundo Barral, «aínda que a etioloxía desta enfermidade non se coñece por completo, existe unha evidencia convincente de que os factores de risco xenéticos desempeñan un papel importante no desenvolvemento da enfermidade. Está aceptado que, canda a idade, os antecedentes familiares son o factor de risco máis importante para o seu desenvolvemento. A herdanza do alelo apolipoproteína ε-4 é un factor de risco, que inclúe tanto formas familiares esporádicas como de inicio tardío da enfermidade. Xa se demostrou que a variación en catro xenes causa formas raras de aparición temperá do AD (o xene da proteína precursora amiloide, presenilin 1 e presenilin 2). Porén, os estudos epidemiolóxicos suxiren que factores xenéticos ou ambientais adicionais poderían desempeñar papeis esenciais na enfermidade. A identificación de factores de risco xenéticos adicionais que contribúan a aumentar o risco de desenvolver alzhéimer conducirá a unha mellor medicina xenética, de modo que co tempo se poida desenvolver a detección e o diagnóstico da enfermidade de Alzheimer, así como dispoñer de mellores ferramentas terapéuticas e preventivas. Mediante a aplicación de diferentes métodos estatísticos de mapeo de xenes, estratexias de vínculo e asociación en xenomas de todo o xene e nos enfoques de xenes candidatos, seremos capaces de identificar os factores de risco xenéticos que inflúen na enfermidade de Alzheimer».
Na actualidade a doutora Barral é profesora axudante de neuroxenética no Departamento de Neuroloxía da Universidade de Columbia, e traballa no Gertrude H. Sergievsky Center e no Taub Institute for Research on Alzheimer's Disease and the Aging Brain, centros adscritos ao Columbia University Medical Center (CUMC).Sandra M. Barral Rodriguez, PhD na web do Columbia University Alzheimer's Disease Research Center (ADRC).
Algunhas publicacións Nancy S. Green & Sandra Barral (2014): "Emerging science of hydroxyurea therapy for pediatric sickle cell disease" Pediatric Research 75 (1): 196-204. Sandra Barral, Rong Cheng & Christiane Reitz (2015): "Linkage analyses in Caribbean Hispanic families identify novel loci associated with familial late-onset Alzheimer's disease", Alzheimer s & Dementia 11 (12): 1397-1406. (Resume). Brian W. Kunkle, James Jaworski & Sandra Barral (2016): "Genome-wide linkage analyses of non-Hispanic white families identify novel loci for familial late-onset Alzheimer's disease", Alzheimer s & Dementia 12 (1): 2-10. (Resume).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Enfermidade de Alzheimer A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas «España no entiende que invertir en ciencia es como invertir en educación», entrevista en La Voz de Galicia, 8 de abril de 2018. "Chromosomal Location of Exceptional Memory Identified" Entrevista á dra. Barral en MedicalResearch.com
Categoría: Xenetistas Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Escritores de Galicia en lingua inglesa Categoría: Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría: Profesores da Universidade de Columbia Categoría: Nados na Coruña Categoría: Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes