A lingua archi é unha lingua caucásica nororiental falada polo pobo archi que habita na vila de Archib, no sur de Daguestán, Rusia, e noutras seis vilas máis pequenas.

É infrecuente polos seus numerosos fonemas e polo contraste entre as varias fricativas laterais velares xordas, , africadas laterais velares xordas e africadas laterais velares exectivas, , e unha forma fricativa velar lateral sonora, . É unha lingua ergativa con catro clases de substantivos e ten un salientable sistema morfolóxico con enormes paradigmas e irregularidades en tódolos niveis. Matematicamente, existen 1 502 839 formas posibles que poden derivar dunha única raíz verbal.Kibrik, A. E. (2001). "Archi (Caucasian—Daghestanian)", The Handbook of Morphology, Blackwell, pg. 468

Notas

Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas caucásicas nororientais