Amber Case, nada en Portland (Oregón) cara a 1987, é unha antropóloga ciborg, deseñadora especialista en experiencia de usuario/a e conferenciante. O seu campo de estudo é a interacción entre os seres humanos e a tecnoloxía.

Traxectoria Graduouse cun major en antropoloxía no Lewis & Clark College en 2008 cunha tese sobre teléfonos móbiles. A súa área de interese foi a antropoloxía ciborg, nacida en 1993. En 2008 foi a cofundadora de CyborgCamp, unha anticonferencia sobre o futuro dos seres humanos e as computadoras.

En 2010, Case e Aaron Parecki fundaron Geoloqi, unha compañía de software de servizos baseados na localización (LBS). Esta empresa foi comprada por Esri en 2012. No ano 2015 Case abandonou Esri para traballar nunha nova empresa chamada Healthways onde foi a directora xerente.

Nas súas obras, Case adoita dicir que todos nós xa somos ciborgs, xa que un ciborg é simplemente unha persoa que interactúa coa tecnoloxía. Segundo Case a tecnoloxía non precisa implantarse, pode ter a forma dunha extensión física ou mental. Declara que nos tempos que corren temos dúas personalidades: a dixital e a física. Nos últimos anos o seu traballo centrouse na Calm technology, un tipo de tecnoloxía da información onde as interaccións entre as persoas usuarias e a tecnoloxía son deseñadas para operar na periferia en lugar de ser constantemente o centro de atención. Case descríbea como unha tecnoloxía que "non estorba e que che deixa vivir a túa vida." O libro en que trata este novo tema, Calm Technology, publicouse en 2015.

Outra das súas preoupacións é a existencia de algoritmos pechados controlados por grandes empresas e que teñen nesgos que non podemos ver.

Obra (CreateSpace, xaneiro 2014) Designing Calm Technology (O’Reilly, outubro 2015)

Premios e recoñecementos A revista Fastcompany considerouna unha das mulleres máis influentes no mundo da tecnoloxía en 2010.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cyborg Camp, colección de videos das sesións realizadas no MIT en outubro de 2014. (en inglés)

Categoría:Alumnos do Lewis & Clark College Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Nados en 1987 Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América