O aeroporto internacional de Faa'a é un aeroporto na comuna de Faa'a, na illa de Tahití da Polinesia Francesa. Atópase a 5 quilómetros ao suroeste do centro da cidade de Papeete, a súa capital. Tahití está na parte noroeste da Polinesia Francesa e este é o único aeroporto internacional nesta Colectividade de Ultramar Francesa. Foi inaugurado no ano 1960.A aeroliña rexional Air Tahiti e a internacional Air Tahiti Nui teñen as súas sedes nas instalacións do aeroporto.

Aeroliñas e destinos

Accidentes e incidentes O 13 de xullo de 1973 o voo 816 de Pan Am, operado por un Boeing 707, esnafrouse no mar xusto despois da engalaxe. 78 dos seus 79 ocupantes morreron. O 12 de setembro de 1993 o voo 72 de Air France, un Boeing 747-400 procedente dos Ánxeles, saíu da pista na aterraxe batendo co arrecife no final da mesma. O morro do aviónquedou somerxido na auga pero non houbo vítimas mortais. O 24 de decembro de 2000 o voo 481 de Hawaiian Airlines, un DC-10-10, saíu da pista durante unha forte treboaa. Non houbo vítimas mortais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Faa'a