María Julia Ares Iglesias, nada na Coruña o 22 de maio de 1955, é unha escultora e esmaltadora galega.
Traxectoria miniatura|250px|Monumento ás vítimas do terrorismo. O Portiño, A Coruña. Naceu no seo dunha familia cun longo percorrido no traballo do cristal na cidade da Coruña. A súa obra componse de esculturas, xoias e obxectos de vidro e valeulle o recoñecemento internacional e galardóns de países como o Xapón, onde foi premiada en numerosas ocasións na Bienal de Toquio e co Chairman Award do Museo Real de Ueno (Toquio). Ademais tamén gañuo o Premio do Xurado do Centro de Esmaltadores artísticos da República Arxentina.
O longo da súa carreira ten feito numerosas exposicións da súa obra. No ano 2013, presentou o seu proxecto "Vitrificatum" na que as súas composicións están feitas coas cinzas da incineración de seres vivos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Julia Ares en Mulleres Expertas.info. Bibliografía en PintoresGallegos.com .
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes