A proteína A/G é unha proteína de fusión recombinante que combina os dominios de unión á IgG da proteína A e a proteína G.R. K. Grover, X. Zhu, T. Nieusma, T. Jones, I. Boero, A. S. MacLeod, A. Mark, S. Niessen, H. J. Kim, L. Kong, N. Assad-Garcia, K. Kwon, M. Chesi, V. V. Smider, D. R. Salomon, D. F. Jelinek, R. A. Kyle, R. B. Pyles, J. I. Glass, A. B. Ward, I. A. Wilson, R. A. Lerner: A structurally distinct human mycoplasma protein that generically blocks antigen-antibody union. Science. 343, número 6171, febreiro 2014, páx. 656–661, , PMID 24503852, PMC 3987992. Utilízase para a purificación de proteínas e a medición de anticorpos.B. Heelan: Purification of monoclonal antibodies using protein a/g. Methods in molecular medicine. 40, 2000, páx. 281–288, , PMID 21337096.O. P. Dancette, J. L. Taboureau, E. Tournier, C. Charcosset, P. Blond: Purification of immunoglobulins G by protein A/G affinity membrane chromatography. Journal of chromatography. B, Biomedical sciences and applications. 723, número 1–2, febreiro 1999, páx. 61–68, PMID 10080633. A proteína A/G contén catro dominios de unión ao Fc da proteína A e dous da proteína G, dando lugar a unha masa final de 50 460 daltons. A unión da proteína A/G é menos dependente do pH que a proteína A, pero polo demais ten as propiedades aditivas das proteínas A e G.
A proteína A/G únese a todas as subclases de IgG humanas, o que a fai útil para purificar anticorpos policlonais ou monoclonais IgG, cuxas subclases non foron determinadas. Ademais, únese á IgA, IgE, IgM e, en menor medida, IgD. A proteína A/G tamén se une a todas as subclases de Ig de rato, pero non se une a IgM, IgA de rato ou albumina sérica.An Fc-binding protein. Sikkema, J.W.D. (1989) Amer. Biotech. Lab, 7, 42. Isto permite que a proteína A/G se use para a purificación e detección de anticorpos IgG monoclonis de rato, sen interferencias das IgA, IgM e albumina sérica. Os anticorpos monoclonais de rato teñen comunmente unha máis forte afinidade coa proteína quimerica A/G que coa proteína A ou coa proteína G.Chimeric IgG-binding receptors engineered from staphylococcal protein A and streptococcal protein G. Eliasson, M., et al. (1988) J. Biol. Chem. 263, 4323-4327. PMID 2964447 A proteína A/G foi tamén utilizada para a purificación de IgG de macaco.Induction of Autoantibodies to CCR5 in Macaques and Subsequent Effects upon Challenge with an R5-Tropic Simian/Human Immunodeficiency Virus. Chackerian, B., et al. (2004) J. Virol. 78, 4037-4047. A proteína A/G tamén se une ás proteínas de unión ao ADN Ku e PARP-1.L. Lu, Y. Wang: Immunoprecipitation alert: DNA binding proteins directly bind to protein A/G without any antibody as the bridge. Cell cycle (Georgetown, Tex.). 7, número 3, febreiro 2008, páx. 417–418, PMID 18235234.
Outras proteínas que se unen a anticorpos Ademais da proteína A/G, outras proteínas bacterianas que se unen a inmunoglobulinas, como a proteína A, proteína G e proteína L tamén se usan comunmente para purificar, inmobilizar ou detectar inmunoglobulinas. Cada unha destas proteínas que se unen a inmunoglobulinas teñen un diferente perfil de unión a anticorpos en canto á porción do anticorpo que é recoñecido e a especie e tipo de anticorpo.Antibody purification. Overview. The Wolfson Centre for Applied Structural Biology
Notas
Categoría:Proteínas