Joseph Graham "Joe" Sugg, nado en Wiltshire o 8 de setembro de 1991, é un youtuber e escritor británico, coñecido polas súas canles de YouTube, ThatcherJoe, ThatcherJoeVlogs e ThatcherJoeGames.
Traxectoria Fillo de Tracey e Graham Sugg, é irmán máis novo da tamén youtuber Zoe Sugg, coñecida en YouTube como Zoella. Sugg traballou colocando tellados de palla, ademais da súa carreira en Youtube. Desde 2014 até principios de 2016, Sugg viviu nun apartamento en Londres xunto ao seu amigo e tamén youtuber Caspar Lee.
Sugg creou a súa canle ThatcherJoe en novembro de 2011, e desde febreiro de 2016 conta con máis de 6,1 millóns de subscritores e máis de 592 millóns de reproducións. Os seus vídeos consisten en desafíos, bromas, e imitacións. Sugg tamén creou YouTuber Innuendo Bingo, similar a un segmento da BBC Radio 1, e máis tarde foi convidado a participar no segmento da BBC Radio 1.
Música Sugg formou parte do proxecto 'YouTube Boyband', o cal recadou diñeiro para Cómic Relief e foi presentado por The Guardian. No 2014, Sugg tamén participou no single «Do They Know It's Christmas?» como parte do supergrupo de caridade "Band Aid 30", nunha recadación de diñeiro para a epidemia do virus Ébola en África Occidental.
Cine En 2015, Sugg, xunto con Lee, realizou un cameo de voz na versión británica da película cómica Bob Esponxa: Un heroe fose da auga, como unha das gaivotas. O 23 de novembro de 2015 saíu á venda a súa película "Joe and Caspar Hit the Road", protagonizada por Caspar Lee e por el, e cuxa premier mundial foi o 22 de novembro en Londres
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Wiltshire Categoría:Personalidades de YouTube