Lost Sounds foi unha banda de synth punk estadounidense procedente de Memphis, Tennessee. O grupo naceu en marzo de 1999 con Rich Crook á batería, Patrick Jordan ao baixo, e Jay Reatard e Alicja Trout nos sintetizadores, guitarras e voces. Orixinalmente tocaban garage rock e contaban con varios teclados analóxicos que Trout usara na súa anterior banda, The Clears. A peculiar combinación de sintetizadores new wave e guitarras mutiladas amosaron tamén influenzas do dark wave. Lost Sounds trataba frecuentemente temas escuros e apocalípticos que ían do Apocalipse ata o masacre de Columbine.
O seu derradeiro concerto foi en maio de 2005 en Stuttgart. Rich Crook formou as bandas Lover! e THING. Alicjia xirou con River City Tanlines, Black Sundaye Mouserocket, ademais de editar material en solitario. Jay Reatard, que estaba conseguindo unha exitosa carreira con Matador Records, morreu en xaneiro de 2011. Crook, Alicjia e o antigos membro de Lost Souls John Garland crearon Sweet Knives xunto co baixista Johnny Valiant recuperando vellas composicións.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Black Wave 2001 Empty Records Memphis Is Dead 2001 Big Neck Records Outtakes & Demos Vol.1 2001 Contaminated Records Rat's Brains & Microchips 2002 Empty Records Demos II 2003 On/On Switch Lost Sounds 2004 In The Red Recordings Lost Lost 2012 Goner Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Tennessee Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de synth punk Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Grupos musicais separados en 2005