miniatura|Robot. miniatura|Robot industrial Un robot é un dispositivo, ou grupo de dispositivos, electromecánicos ou biomecánicos que poden realizar tarefas de maneira autónoma, preprogramada, ou so control humano. Un robot pode actuar baixo control directo dun ser humano (p.ex. o brazo robótico da lanzadeira espacial) ou autónomo baixo control dun ordenador preprogramado. Hai autores que fan fincapé na distinción entre mecanismo (cando precisa intervención humana para funcionar), autómata (cando o sistema reproduce un mesmo programa -unha mesma acción- unha e outra vez sen intervención humana, podendo incluso tomar decisións) e un robot, que se diferenciaría pola versatilidade: pode ser reprogramado e realizar diferentes accións en función do programa que execute, así por exemplo, unha porta que detecta a nosa presenza e abre e pecha automaticamente é un automatismo, non é un robot; só pode facer iso. O brazo mecánico controlado por un ordenador que pinta ou solda nunha cadea de montaxe distintos modelos de coches, si sería un robot. Os robots pódense utilizar para realizar as tarefas que son demasiado perigosas ou difíciles para que os seres humanos as executen directamente ou para automatizar tarefas repetitivas que se poden realizar de xeito máis barato por un robot que polo ser humano (p. ex. na produción do automóbil).
Orixe A palabra robot vén do vocábulo checo "robota" que significa "servidume", "traballo forzado", ou escravitude, especialmente os chamados "traballadores alugados" que viviron no Imperio Austrohúngaro ata 1848.
O termo "robot" utilizouno por primeira Karel Čapek na súa obra teatral R.U.R. (Rossumovi univerzální roboti) que se estreou en 1921, porén o autor indicou posteriormente que a palabra debíase a seu irmán Josef. Nun artigo publicado na revista checa Lidové noviny en 1933, explicou que orixinalmente quixo chamalos laboři (do latín labor, traballo). Porén, non lle gustaba a palabra e pediu consello ó seu irmán Josef, que lle suxeriu "roboti". A palabra robota significa literalmente traballo ou labor e figuradamente "traballo duro" en checo e moitas linguas eslavas. Tradicionalmente robota era o período de traballo que un servo debía pagar ó seu señor, xeralmente 6 meses do ano.Incluíndo o eslovaco, ucraíno, ruso e polaco. A súa orixe atópase no antigo escravo eclesiástico rabota "servidume" ("traballo" en búlgaro e ruso actuais), que á súa vez ven da raíz indoeuropea *orbh- . A servidume prohibiuse en 1848 en Bohemia, polo que cando Čapek escribiu R.U.R., o uso do termo robota xa se estendera a varios tipos de traballo, pero o significado obsoleto de "servidume" seguiría recoñecéndose.Robot é un cognado do alemán Arbeiter (traballador). En Hungría, o robot era un servizo feudal similar á corvea que os campesiños concedían ó magnate cada ano.
A palabra robótica, usada para describir este campo de estudo, foi acuñada polo escritor de ciencia ficción Isaac Asimov. A robótica concentra 3 áreas de estudo: a mecatrónica, a física e as matemáticas como ciencias básicas.
Aínda que os robots de Čapek eran humanos artificiais orgánicos, a palabra robot emprégase case sempre para referirse a humanos mecánicos. O termo androide pode referirse a calquera destes, mentres que un cyborg ("organismo cibernético" ou "home biónico") pode ser unha criatura que é a combinación de partes orgánicas e mecánicas.
Historia miniatura| Tarxetas perforadas dun tear de Jacquard. A Alberte o Magno atribúeselle a construción dun home de ferro durante o século XIII, un tipo de androide feito de madeira, metal, cera e coiro., px. 295-296 Un dos primeiros autómatas documentados é o galo do reloxo astronómico da catedral de Estrasburgo, instalado en 1352, que ó mediodía movía as ás, abría o bico e cantaba. Nos séculos seguintes os autómatas convertéronse nun complemento popular dos reloxos de moitas igrexas en toda Europa.Rebecca Stefoff, Robots, 2007, páx. 23 Nos anos 50 do século XX descubríronse unhas notas e debuxos que Leonardo da Vinci fixo no ano 1495Ladislao Reti Ed., Il Codice Madrid, 1974 e que corresponderían a un tipo de autómata de aparencia humana cuberto con armadura de guerreiro.Els robots de Leonardo da Vinci "Ed. Leonardo3 2007. 420 páx. ISBN 978-88-6048-008-8Joaquim Elcacho, Més d'un segle de cursa robòtica, Theknos, nº172, abril de 2013, pàgs. 20-25. DL B-35390-67, ISSN 1137-0017
Entre o 1738 e o 1739, Jacques de Vaucanson exhibiu varios autómatas de medida natural: un frautista que tocaba a frauta e o tambor, un timbaleiro e un pato. O pato mecánico podía bater as súas ás, mover o pescozo, beber auga, tragar gran da man do expositor, dar a sensación de dixerir o gran e defecar unha substancia almacenada nun compartimento oculto.Wood, Gabby. "Living Dolls: A Magical History Of The Quest For Mechanical Life", The Guardian, 16-2-2002. Posiblemente os autómatas máis populares e coñecidos do século XVIII foron os fabricados pola familia suíza Jaquet-Droz entre 1768 e 1774. Pierre Jaquet-Droz, o seu fillo Henri-Louis e Jean-Frédéric Leschot crearon tres obras mestras, A Pianista, O Debuxante e O Escritor que causaron sorpresa e admiración na época e que hoxe en día aínda funcionan no Museo de Arte e Historia de Neuchâtel.Automata , Museo de Arte e Historia de Neuchâtel
Durante a Revolución Industrial avanzouse na automatización dalgunhas máquinas utilizadas nas fábricas téxtils, en 1779 Samuel Crompton creou a mule-jenny, unha fiadora mecánica de 120 fusos, en 1785 a versión mellorada do tear mecánico de Edmund Cartwright (que fora presentado o ano anterior) e no 1801 o tear de Jacquard inventado por Joseph Marie Jacquard. Este tear utilizaba tarxetas perforadas para determinar os patróns a seguir polo tear durante o tecido da roupa, o que permitía que mesmo os usuarios máis inexpertos puidesen elaborar complexos deseños.
En 1898 Nikola Tesla fixo unha demostración pública no Madison Square Garden dun modelo de submarino controlado remotamente. durante a década de 1920 os enxeñeiros avanzaron na automatización das máquinas co obxectivo de construír aparellos capaces de funcionar eficientemente durante longos períodos de tempos e coa capacidade de autocorrexir algunhas irregularidades como a velocidade, forza, posición etc.
En 1926, o enxeñeiro Roy James Wensley que traballaba na compañía Westinghouse Electric Corporation creou o Televox, o primeiro robot capaz de facer un traballo útil. Ao Televox seguírono unha serie doutros robots sinxelos, como o Rastus, feito a imaxe dun home negro. Na década de 1930 Westinghouse creou un robot humanoide chamado Elektro que exhibiu na Feira Internacional de Nova YorkVídeo en Youtube da presentación d'Elektro na feira de Nova York de 1939 e na de 1940 en San Francisco.
Robótica moderna O primeiro robot autónomo electrónico foi creado en 1948 no Burden Neurological Institute de Bristol en Inglaterra por William Grey Walter, que estudara as redes neuronais do cerebro e construíu a primeira rede neuronal artificial (de dúas neuronas) con dúas válvulas de baleiro e dous sensores, unha fotoresistencia sensible á luz e un interruptor de presión para detectar o contacto con outros obxectos. O robot podíase mover en función dos estímulos recibidos dos sensores grazas ao seu motor alimentado a baterías e ás súas tres rodas. Trátase do primeiro robot que non era dirixido por un operador, como Elektro, nin seguía un programa predeterminado senón que o facía en función dos estímulos recibidos a través dos seus sensores. O primeiro robot moderno, dixital e programable, foi inventado por George Devol en 1954, foi nomeado Unimate e tratábase dun robot industrial. A primeira unidade do Unimate foi vendida á General Motors en 1960 e foi instalado ao ano seguinte nunha planta en Trenton (Nova Jersey) para levantar pezas quentes de metal dunha máquina de coada a presión e apilalas.
En 1961 Heinrich A. Ernst desenvolveu no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o MH-1 (Mechanical Hand 1, man mecánica 1) un tipo de man mecánica motorizada e con sensores táctiles operada por un computador que está programado para realizar algunhas funcións que corresponderían a unha persoa humana tendo en consideración os sinais achegados polos sensores.
Hoxe en día os robots comerciais e industriais utilízanse de maneira xeneralizada para realizar traballos de maneira máis barata ou con maior precisión e fiabilidade que os feitos polos seres humanos. Tamén se empregan para os traballos que son demasiado sucios, perigosos ou repetitivos para ser convenientes para os humanos. Os robots úsanse amplamente na fabricación, a montaxe, a embalaxe, o transporte, a exploración espacial e terrestre, a cirurxía, o armamento, a investigación en laboratorios ou a produción masiva de bens de consumo e industriais., por Pearl Tesler
Táboa cronolóxica
Data Contribución Nome do robot Inventor séculos II aC-II Ás obras Pneumatica e Automata de Heró aparecen as descricións de máis de cen máquinas e autómatas, entre elas: un camión de bombeiros, un órgano de vento, unha máquina que funciona con moedas e unha máquina de vapor (aeliopile). Ctesibi, Filón, Heró e outros. 1206 Primeiros autómatas humanoides programables, que consistía nunha barca con catro músicos robotizados. Banda de robots Al-Jazari c. 1495 Deseños dun robot **humanoide Caballero mecánico Leonardo 1738 Pato mecánico que era capaz para comer, bater as súas ás, e excretar Pato comendo Vaucanson 1800s Xoguetes xaponeses mecánicos que servían o té, tiraban frechas, e pintaban Xoguetes Karakuri Tanaka 1921 Os primeiros autómatas de ficción, chamados "robots", aparecen na obra R.U.R. (Rossum's Universal Robots) RUR Čapek 1928 Robot humanoide, baseado nunha armadura con actuadores eléctricos, exposto na exposición anual da Sociedade de Modelos de Enxeñaría en Londres Eric W.H. Richards 1930s Robot humanoide exhibido na Exposición Universal de 1939 e 1940 Elektro Westinghouse 1948 Robots simples que mostran un comportamento biolóxico Elsie e Elmer W. G. Walter 1956 Primeiro robot comercial,, da Unimation company fundada por George Devol e Joseph Engelberger, baseado en patentes de Devol. Unimate Devol 1961 Primeira instalación de robots industriais Unimate Devol 1963 Primeiro robot paletizado de Fuji Yusoki Kogyo Palletizer Kogyo 1973 Primeiro robot con seis eixos impulsados electromecanicamente Famulus KUKA Robot Group 1975 Brazo universal programable e manipulable, un produto de Unimation PUMA Scheinman
Tipo de robot Robots móbiles miniatura|Un vehículo guiado automaticamente cunha carga pesada nunha planta de Axel Springer AG en Berlín. Os robots móbiles non se atopan fixados a un punto físico e teñen a capacidade de moverse. Un exemplo común hoxe en día deste tipo de robot son os vehículos guiados automaticamente, que son un tipo de robots móbiles que seguen marcas ou cables postos en terra ou utilizan outros sistemas como o láser para seguir un camiño determinado.
Os robots móbiles están presentes na industria, en aplicacións militares e noutros campos relacionadas coa seguridade. Tamén aparecen como produtos de consumo, para o entretemento ou para facer certas tarefas como a limpeza (robots aspiradora). Os robots móbiles son obxecto dunha gran cantidade de investigacións en curso e case todas as universidades importantes contan con laboratorios dedicados á procura nos campos dos robots móbiles.
Os robots modernos adoitan ser utilizados en ambientes moi controlados, por exemplo nas cadeas de montaxe para evitar os problemas de resposta ante a presenza de interferencias inesperadas. Por iso os robots son pouco coñecidos para a maioría dos seres humanos. Aínda así os robots domésticos como os de limpeza son cada vez máis habituais nas casas dos países desenvolvidos.
Robots industriais miniatura|Robots industriais KUKA nunha cadea de montaxe de vehículos.