Funplex é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de new wave The B-52s, publicado o 25 de marzo de 2008 a través do selo Astralwerks. O disco foi gravado entre os anos 2006 e 2007 e foi o primeiro traballo con novo material do grupo dende Good Stuff, editado en 1992, aínda que The B-52s gravara dous novos temas para o seu álbum recompilatorio de 1998 Time Capsule: Songs for a Future Generation.
O álbum chegou como resultado da renovada xira da banda e o sentimento de que necesitaban algo novo para interpretar. O guitarrista Keith Strickland inspirouse para crear un son actualizado para o grupo cando escoitou o disco de New Order Get Ready e contratou ao produtor Steve Osborne. A produción de Osborne incorpora elementos máis modernos de música electrónica.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos e arranxados por The B-52s; música por Keith Strickland, letras e melodías de voces por Kate Pierson, Fred Schneider, e Cindy Wilson.Do libreto do álbum "Pump" – 4:53 "Hot Corner" – 3:24 "Ultraviolet" – 4:25 "Juliet of the Spirits" – 4:22 "Funplex" – 4:07 "Eyes Wide Open" – 5:35 "Love in the Year 3000" – 4:14 "Deviant Ingredient" – 4:50 "Too Much to Think About" – 3:47 "Dancing Now" – 4:02 "Keep This Party Going" – 4:31
Cancións extra da edición deluxe de iTunes "Private Idaho" (Live at the Roxy) – 4:00 "Planet Claire" (Live at the Roxy) – 5:28 Target-exclusive bonus CD: Live at the Roxy in L.A. "Party Out of Bounds" – 3:45 "Channel Z" – 5:26 "Roam" – 5:13 "Strobe Light" – 4:38 "Rock Lobster" – 5:33
Notas
Categoría:Álbums de The B-52s Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums producidos por Steve Osborne Categoría:Álbums de Astralwerks