Ornella Muti, nada en Roma o 9 de marzo de 1955, é unha actriz italiana.

Traxectoria Naceu como Francesca Romana Rivelli, filla dun xornalista napolitano e Ilse Renate Krause, unha escultora de Estonia. Os seus avós maternos emigraron dende Leningrado (hoxe San Petersburgo) até Estonia.Interview with Ornella Muti (Интервью с Орнеллой Мути) Ten unha irmá máis vella, Claudia, nada en 1950.

Muti fixo de modelo cando era adolescente e fixo o seu debut no cinema en 1970 en La moglie più bella. Traballou principalmente en filmes italianos pero fixo o seu debut en filmes de fala inglesa interpretando a princesa Aura en Flash Gordon en 1980. Tamén apareceu nos filmes estadounidenses Love and Money (1982), Casanova (1987), Wait Until Spring, Bandini (1989), A Season of Giants (1990), Oscar (1991), Once Upon a Crime (1992), Somewhere in the City (1998) e To Rome with Love (2012).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Roma Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Modelos femininas de Italia Categoría:Italianos de ascendencia rusa Categoría:Italianos de ascendencia estoniana