Botryllus schlosseri é un tunicado ascidiáceo colonial, que crece en obxectos mergullados, de movementos lentos, plantas e animais en ambientes de auga salgada próximos á costa.
Descrición
Os zooides individuais poden crecer ata os 3 mm, e as colonias chegan a ser de 50 mm de longo.
miniatura|esquerda|Colonias de tunicados Didemnum (esquerda) e Botryllus schlosseri (dereita) crecendo sobre individuos do tunicado Styela clava Esta especie pode distinguirse de Botrylloides sp. polo padrón de crecemento dos zooides. Os zooides de B. schlosseri emanan do centro como se fosen os brazos dunha estrela. Ademais , xeralmente hai menos zooides por agrupamento (de 5 a 8 en B. schlosseri e 10 ou máis en Botrylloides). A especie pode presentarse en diversas cores, que van do laranxa, ao azul e gris. Unha colonia pode ser separada doadamente do corpo principal para formar unha colonia independente xeralmente chamado subclón. Dúas colonias poden tamén fusionarse se comparten alelos comúns para o historrecoñecemento.
Distribución
A área de distribución nativa de Botryllus schlosseri é o nordés do océano Atlántico, o mar Mediterráneo e o mar do Norte. Porén, a súa área estendeuse durante os últimos 100 anos ata abranguer case por todo o mundo. Nalgunhas zonas, como a costa oeste do Atlántico en Norteamérica, considérase unha especie invasora, que se converteu no "tunicado colonial máis común de Norteamérica".
Bioloxía
Botryllus schlosseri utilízase como organismo modelo. Os clons mantivéronse en cultivos de laboratorio continuos durante varias décadas, nos que os novos adultos se desenvolven a partir de xemas que se forman na parede corporal dos adultos existentes. Baixo as condicións de cultivo típicas, a reprodución asexual ten lugar en aproximadamente un ciclo de dúas semanas, durante os cales crece unha nova xema e empeza a alimentarse activamente, mentres que os adultos dos cales emerxeron sofren regresión e son finalmente reabsorbidos.
Cando son sexualmente produtivos, estes Botryllus producen, "larvas con forma de cágado brancas amareladas ou laranxas claras" que mostran un perfil oval.
Os tunicados coloniais son os únicos cordados que teñen a capacidade de reproducirse tanto sexualmente coma asexualmente. B. schlosseri é un hermafrodita secuencial (protoxino), e nunha colonia, os ovos son expulsados uns dous días antes do pico de emisión de esperma. Así evítase a autofecundación e favorécese a fecundación cruzada. Aínda que sexa evitada, a autofecundación segue sendo posible en B. schlosseri. Os ovos autofecundados desenvólvense cunha frecuencia de anomalías substancialmente máis alta durante a segmentación que a dos ovos resultantes de fecundacións cruzadas (23,1% fronte a 1,6%). Ademais, unha porcentaxe significativamente menor de larvas derivadas de ovos autofecundados sofren metamorfose (51,5% fonte a 87,2%), e o crecemento das colonias derivadas da súa metamorfose é significativamente máis lenta. Estas observacións suxiren que a autofecundación orixina unha depresión por endogamia asociada con déficits de desenvolvemento orixinados probablemente pola expresión de mutacións recesivas deletéreas.
Xenoma O xenoma desta especie foi secuenciado.Voskoboynik A, Neff NF, Sahoo D, Newman AM, Pushkarev D, Koh W, Passarelli B, Fan HC, Mantalas GL, Palmeri KJ, Ishizuka KJ, Gissi C, Griggio F, Ben-Shlomo R, Corey DM, Penland L, White RA, Weissman IL, Quake SR (2013) The genome sequence of the colonial chordate, Botryllus schlosseri. Elife 2:e00569. Ten unha lonxitude de 580 megabases e está organizado en 16 cromosomas. Comprende case 14 000 xenes preditos que conteñen intróns e 13 500 xenes preditos sen intróns. Os datos tamén confirmaron que os Tunicata son os invertebrados máis próximos relacionados cos vertebrados, e, por tanto, co Homo sapiens.http://phys.org/news/2013-08-scientists-sequence-genome-human-closest.html
Notas
Véxase tamén
Categoría:Tunicados Categoría:Animais descritos en 1766