Arnošt Váňa, nado en 1909 e finado en 1998, foi un esperantista eslovaco.
Traxectoria Aprendeu o esperanto sendo un neno e fíxose membro da Universala Esperanto-Asocio (UEA) desde o principio dos anos 30. En 1946 publicou o libro La internacia lingvo Esperanto e fundou a revista Esperantisto Slovaka en Žilina. En 1947 nunha granxa confiscada polo estado organizou unha cooperativa esperantista. Durante moitos anos foi presidente da Tutmonda Esperantista Vegetarana Asocio, a asociación internacional vexetariana esperantista e principal redactor do seu órgano Esperantista Vegetarano.
Categoría:Lingüistas de Eslovaquia Categoría:Esperantistas Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1998