AtlasGlobal, chamada Atlasjet ata o 31 de marzo de 2015, é unha aeroliña turca con sede en Istanbul, que opera voos domçesticos regulares e servizos internacionais de pasaxeiros ademais de voos chárter, a meirande parte deles dende a súa base no aeroporto de Istanbul-Atatürk.
Historia A aeroliña creouse o 14 de marzo de 2001 e iniciou as súas operacións o 1 de xuño do mesmo ano. Naceu co nome Atlasjet International Airlines e fundouse como subsidiaria de Öger Holdings. No ano 2004 o ETS Group mercou o 45% das accións, e chegou a controlar o 90% en febreiro de 2006 tras facerse co control do 45% que tiña Öger Holdings.
En agosto de 2012 AtlasGlobal Airlines contratou a Ryan International Airlines, unha aeroliña chárter estadounidense, para operar voos de peregrinación relixiosa a cidades como Medina e Tel Aviv. En xaneiro de 2013 AtlasGlobal non cumpríu cos pagamentos a Ryan International, o que levou ao final da cooperación sen previo aviso. Ryan International Airlines, que xa se atopaba nun proceso de reorganización por bancarrota, non foi capaz de recuperarse das perdas e enfrontouse a dificultades económicas que levaron á súa liquidación.
Atlasjet anunciou que pasaría a chamarse AtlasGlobal o 1 de abril de 2015.
Frota En xaneiro de 2018 a frota de AtlasGlobal estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de AtlasGlobalAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A319-1001—8126134Airbus A320-2005—8156164Airbus A321-1002—8192200Airbus A321-20014—12—192216204216Boeing 737-8001—8156164Total23—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Turquía