Allison Brooks Janney , nada en Boston o 19 de novembro de 1959 é unha actriz estadounidense, gañadora dun Oscar á mellor actriz secundaria, coñecida polo seu papel de C.J. Cregg no drama televisivo The West Wing polo que gañou catro premios Emmy.
Traxectoria Allison Janney naceu en Boston, filla da ex-actriz Macy Brooks e do promotor inmobiliario e músico de jazz Jervis Spencer Janney. Ten dous irmáns máis vellos chamados Hay e Hal. Estudou en The Miami Valley School de Dayton (Ohio), da que foi nomeada alumna distinguida en 2004. Estudou despois en Kenyon College, o mesmo polo que pasara o actor Paul Newman. Tempo despois marchou a estudar teatro en Neighborhood Playhouse, en Nova York, onde coincidiu co actor Dylan McDermott. Tras eito, rematou os seus estudos na Royal Academy of Dramatic Arts de Londres.
Participou en filmes de tanto éxito como American Beauty, The Ice Storm ou Primary Colors e prestou a súa voz á cinta de animación Finding Nemo en que interpretaba o papel da estrela de mar do acuario.
En 2013 participou na serie Masters of Sex, pola que gañou un Emmy á mellor actriz invitada en 2014; e dende 2013 protagoniza a comedia Mom, que lle valeu outro Emmy.
Filmografía Julian Po (1997) Path to Paradise: The Untold Story of the World Trade Center Bombing T.V. - Movie Assistant D.A. The Object of My Affection (1998) American Beauty (1999) 10 Things I Hate About You (1999) ...como Ms. Perky The Hours (2002) How to Deal (2003) Winter Solstice (2004) Weeds (1 episodio, 2005) ...como Ms. Greenstein, avogada The West Wing (155 Episodios, 1999-2006) ...como Claudia Jean 'C.J.' Cregg Two and a Half Men ...como Beverly (1 episodio, 2007) Hairspray (2007) ...como Prudy Pingleton Juno (2007) ...como Brenda 'Bren' MacGuff Phineas and Ferb ...como Charlene Doofenshmirtz (2 episodios, 2008) Away We Go (2009) Lost (1 episodio, 2010) Mr. Sunshine (2011) The Oranges (2011) The Help (2011) Struck By Lightning (2012) The Way Way Back (2013) Mom (2013) Masters of Sex ...como Margaret Scully (2013-presente) Bad Words (2013) Tammy (2014) The Rewrite (2014) Spy (2015) The Duff (2015) F is for Family (2015) Tallulah (2016) Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016) The Girl on the Train (2016) Eu, Tonya (2017)
Véxase tamén
Ligazóns externas Photos from Wireimage Airline Safety Announcement for Independence Air .wax format
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Ohio Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1959 Categoría:Paseo da Fama de Hollywood